Os consumidores poderán descargar os bonos a partir do 26 de abril

Actívase a quinta edición do Bono Activa Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia quere incentivar a demanda e atraer nova clientela aos comercios de proximidade da Comunidade.

Actívase a quinta edición do Bono Activa Comercio
Más de establecimientos se adhirieron a la iniciativa Bono Activa Comercio.
A quinta edición do Bono Activa Comercio ofrecerá bonos descontos de 30 euros para gastar nos comercios de proximidade adheridos á iniciativa.

A nova convocatoria do Bono Activa Comercio está dotada con 2,5 millóns de euros e prevé mobilizar un total de 12 millóns de euros en vendas no comercio local.

Os negocios que desexen participar nesta iniciativa poderán adherirse a partir do 16 de abril, mentres que as persoas consumidoras poderán descargar a partir do 26 de abril na web da iniciativa (bonosactivacomercio.gal) un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos.

Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Como en anteriores ocasións, cada persoa poderá descargar un único bono, e non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Actívase a quinta edición do Bono Activa Comercio