Segundo Caballero, urxe xerar chan industrial na cidade

Zona Franca e Concello de Vigo colaborarán na ampliación do Polígono de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado da Zona Franca, David Regades, asinaron un protocolo de colaboración entre ambas as institucións no que establecen as bases para desenvolver a ampliación do Polígono de Balaídos,
Zona Franca e Concello de Vigo colaborarán na ampliación do Polígono de Balaídos
David Regades e Abel Caballero.
David Regades e Abel Caballero.

Desde o sector da automoción viñan expoñendo tanto ao Concello de Vigo como ao Consorcio da Zona Franca a urxente necesidade de ampliar o Polígono Industrial de Balaídos de cara ao mantemento e á consolidación do sector. 

Recóllese neste protocolo de colaboración entre ambas institucións que "a urxencia desta necesidade, compartida pola Zona Franca e o Concello de Vigo, faise máis evidente se temos en conta a imperiosa necesidade de dispor de espazos suficientes para adaptar os seus procesos produtivos ás rapidísimas evolucións ás que están sometidos (coche eléctrico, conectado e compartido). De non ser así, corremos o risco da perda da súa competitividade na área de Vigo,cos enormes pexuizos que elo suporía".

Así pois, ambas institucións, "conscientes da importancia de dita actuación no artellamento do sistema produtivo da área urbana de Vigo e a súa zona de influencia, da complexidade que leva aparellada a súa xestión, e da magnitude dos recursos previstos para a súa consecución, consideran que resulta necesaria a súa implicación no desenvolvemento da ampliación do Polígono lndustrial de Balaídos".

Futuro convenio con compromisos concretos 

De cara a consecución dos obxectivos previstos, as dúas partes acordaron a constitución dun grupo de traballo paritario que decida, e previas consultas ás administracións con competencias, os pasos a seguir para a ampliación do Polígono lndustrial de Balaídos.

Unha vez se determine o procedemento a seguir para desenvolver desta actuación, as partes formalizarán un convenio no que se determinen os compromisos concretos. Este convenio incorporará as previsións necesarias para garantir viabilidade desta actuación, entre as que estarán que o documento no se qu e plasmen as condicións urbanísticas do desenvolvemento.

Ao respecto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou “a importancia de xerar chan industrial na cidade porque non podemos volver atoparnos coa situación de que haxa empresas que no  poidan quedar en Vigo por falta de chan”.

Pola súa banda, David Regades manifestou que para Zona Franca e para Vigo "o polígono de Balaídos, onde está ubicada a factoría de Citroën é prioritario, por iso,hoxe estamos a dar un paso máis para a ampliación do mesmo”. Ademais, o delegado do Consorcio sinalou que “ao ser unha ampliación do existente, tamén será declarado libre de impostos. Con este protocolo xa empezamos a  facer o  proxecto sectorial e a  debuxar o futuro da man do  Concello  co reflexo que está no plan xeral."

Zona Franca e Concello de Vigo colaborarán na ampliación do Polígono de Balaídos