Imprimir

A Xunta concederá 2,28 millóns en axudas a proxectos de enerxías renovables térmicas

Redacción Economía en Galicia | 29 de abril de 2019

Caldeira de biomasa instalada no polideportivo do Porriño./P.HERNÁNDEZ GAMARRA.
Caldeira de biomasa instalada no polideportivo do Porriño./P.HERNÁNDEZ GAMARRA.

A Xunta destina un total de 2,28 millóns de euros á orde de axudas para desenvolver proxectos de enerxías renovables térmicas da que poderán beneficiar as administracións locais, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

En concreto,a través desta convocatoria apoiaranse iniciativas de equipamentos que empreguen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que empreguen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou solar térmica. O prazo para solicitar estes apoios, cuxa convocatoria se realiza en réxime de concorrencia competitiva, remata o 27 de maio e a presentación realizarase de xeito electrónico.

Os apoios poderán alcanzar unha intensidade máxima do 80% no caso das entidades locais e sen ánimo de lucro; do 70% para as pequenas empresas; do 60% para as medianas e do 50% no caso das grandes compañías.

Aforro enerxético

Estas axudas forman parte do compromiso da Xunta por achegar a cidadáns, empresas e administracións a cultura da eficiencia e do aforro enerxético e súmanse ás que xa se convocaron en 2019, como os apoios para a instalación de caldeiras de biomasa para familias e comunidades de propietarios en zonas non densamente poboadas; o programa destinado a empresas e autónomos do sector servizos e industria para a realización de auditorías enerxéticas e implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia; a liña para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola primario; ou a orde de renovables térmicas para particulares e máis a de autoconsumo, tamén para cidadáns e comunidades de veciños.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ayudas-y-subvenciones/xunta-concedera-228-millons-axudas-proxectos-enerxias-renovables-termicas/20190429130605010481.html


© 2019 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal