Imprimir

A USC presentará un informe que avalia o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico

Redacción Economía en Galicia | 10 de diciembre de 2018

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá o xoves 13 o acto de presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2017.

A presentación deste estudo sobre o emprendemento terá lugar no marco dunha xornada na que se reflexionará sobre o estado actual do emprendemento en Galicia. O estudo foi realizado por un equipo de investigadores da USC froito dun convenio de colaboración co Instituto Galega de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe).

A xornada, na que é necesaria inscrición, comezará ás 10.00 horas no salón de graos cunha sesión inaugural que contará coa presenza do vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzurri; o director do Igape, Juan Cividanes; o presidente de Fegaxe, José Antonio Redondo, e a directora do equipo GEM Galicia, Loreto Fernández. A continuación, a profesora Isabel Neira, directora técnica do equipo en Galicia, presentará as principais conclusión do Informe e dará paso a unha mesa redonda sobre o impacto do emprendemento na economía circular.

GEM: analizando o emprendemento en Galicia

O Global Entrepreneuship Monitor (GEM) é un observatorio internacional cuxo obxectivo é analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico. Ao proxecto liderado en España polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) sumouse Galicia en 2005 cun equipo configurado por investigadores da USC, do Igape e da Fegaxe.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/eventos/usc-presentara-informe-avalia-impacto-da-actividade-emprendedora-crecemento-economico/20181210174323009062.html


© 2019 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal