O último encontro dixital do programa Reinicia Pontevedra terá lugar o 1 de xuño

As redes sociais, unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes pontevedresas

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e APE Galicia celebraron este xoves o sexto encontro dixital do ciclo Reinicia Pontevedra, centrado no uso das redes sociais.
As redes sociais, unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes pontevedresas
Asistentes ao pasado encontro do programa Reinicia Pontevedra.
Asistentes ao pasado encontro do programa Reinicia Pontevedra.

Reinicia Pontevedra é un programa de relanzamento empresarial que ofrece gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda sete encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

No último webinar celebrado, baixo o título “Estratexias de comunicación dixital e física: redes sociais e influentes”, os cinco poñentes coincidiron en que as redes sociais son unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes de Pontevedra, e destacaron que teñen “capacidade de conectar especialmente coa clientela local”. Suliñaron que moitos pequenos negocios teñen unha presencia dixital e en redes sociais tan escasa que están “perdendo oportunidades”. Tamén, que paga a pena “invertir tempo en mellorar as fotografías e os textos”, porque repercute directamente na audiencia e seguidores en redes sociais da da empresa.

Neste encontro interviñeron  o presidente de AJE Pontevedra e membro da executiva de APE Galicia, Jesús Rey; Sonsoles Fariña, de Iconweb; Alberto Ribas, del blog turístico @Alvientooo; e Gonzalo Rodríguez, de El Club del Café, xunto co poñente e coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor de Ventas e Marketing en Pontevedra.

O sétimo último encontro Dixital do programa Reinicia Pontevedra terá lugar o próximo luns, 1 de xuño, de 15.30 a 16:30 horas, sobre o tema de “Estratexias de Dixitalización: erros a evitar e rentabilidade do investimento”.

As redes sociais, unha “oportunidade aínda por explotar” polas pemes pontevedresas