Este venres na Coruña

Nova manifestación en defensa da industria electrointensiva

A CIG chama a participar na manifestación convocada para este venres 17 de xullo, na Coruña en defensa do emprego e da actividade produtiva na industria electrointensiva e para esixir unha tarifa industrial "máis xusta, estábel e predicíbel".
Nova manifestación en defensa da industria electrointensiva

A marcha está convocada polas organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO e dá continuidade ás mobilizacións que xa se viñan realizando no sector previamente á crise sanitaria, "pola falta dunha regulación enerxética adecuada para a industria electrointensiva que pon en risco permanente a  continuidade de milleiros de postos de traballo directos, e  que representa unha ameza para toda a economía das comarcas onde está asentada", explícase no comunicado da CIG..

A manifestación sairá ás 18:00 horas do Edificio Administrativo da Xunta en Monelos e rematará na Delegación do Goberno, na cidade herculina.

Nova manifestación en defensa da industria electrointensiva