Envíalle unha carta aos concellos para solicitarlles que reactiven as licitacións de obra pública

Nace o Foro da Construción de Galicia como instrumento de consulta e para a mellora do sector construtivo

Varias entidades veñen de constituir o Foro da Construción de Galicia, entidade que nace coa intención de "unir esforzos e intercambiar ideas e demandas para a mellora da industria da construción", así como para ser "instrumento de consulta" das Administracións en todo o relacionado coas peculiaridades do sector constructivo.
Nace o Foro da Construción de Galicia como instrumento de consulta e para a mellora do sector construtivo
Administracións autónomica e provinciais, autoridades portuarias ou universidades retomaron as súas obras.
O Foro dirixiuse aos concellos galegos para que reactiven os procedementos de licitación de obra pública.

Conforman este Foro de Construción de Galicia os colexios oficiais de Arquitectos e de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, a Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia (FEPROGA) e a Federación Galega da Construción (FGC).

Asinaron a constitución do Foro os presidentes das entidades participantes, Elena Ampudia Aixendri, en representación dos arquitectos; Enrique Urcola Fernández-Miranda, polos enxeñeiros de camiños; Ignacio de Juan Frigola, polos arquitectos técnicos; Ángel Jove Alborés, polos promotores, e Diego Vázquez Reino, como representante dos construtores galegos.

O Foro da Construción de Galicia nace nun momento excepcional aínda que ten vocación de permanencia, xa que se trata dunha entidade que "ten intención de convertirse nun instrumento de consulta para todo aquelo que ten que ver coa industria da construción e as suas especificidades", salienta nun comunicado. "Nun intre como o actual en que resulta crucial a vontade política e a implicación do alto funcionariado para reactivar os procedementos administrativos que faciliten tanto a licitación de obra pública como a tramitación de expedientes e a concesión de licencias", o Foro remitiu unha carta á totalidade dos concellos de Galicia na que expresa o seu desexo de que se "impliquen na reactivación dos devanditos procesos" para, deste xeito, "promover a recuperación dos sectores produtivos máis dependentes do investimento público".

O Foro agradece aos organismos oficiais que ata a data veñen de reactivar os procedementos antes citados, entre os que se atopan a Xunta de Galicia, as Deputacións da Coruña e de Ourense, a Universidade da Coruña, a Autoridade Portuaria de Vigo e distintos concellos das catro provincias galegas.

Nace o Foro da Construción de Galicia como instrumento de consulta e para a mellora do sector construtivo