A central térmica leva cinco meses inactiva

Mobilización na Coruña para esixir a Endesa que garanta o emprego nas Pontes

Sindicatos, transportistas, prexubilados, veciñanza e representantes da corporación municipal das Pontes mobilizáronse na Coruña para esixir a Endesa que garanta o emprego nas Pontes, logo de cinco meses de inactividade na central térmica.
Mobilización na Coruña para esixir a Endesa que garanta o emprego nas Pontes
Protesta de traballadores e prexubilados de Endesa na Coruña.
Protesta de traballadores e prexubilados de Endesa na Coruña.

A primeira concentración, convocada polos pasivos de Endesa (prexubilados), celebrouse diante do viceconsulado de Italia para denunciar a situación en relación cos beneficios sociaisOs manifestantes foron recibidos na Delegación do Goberno polo propio delegado do goberno quen confirmou que haberá unha xuntanza con Endesa, Rede Eléctrica e o Ministerio de Transición Ecolóxica, en Madrid, na última semana deste mes.  Na xuntanza con Javier Losada participaron representantes das organizacións sindicais, o alcalde das Pontes, representantes dos transportistas e de Seara, a asociación de empresarios das Pontes.

O representante da CIG, Alberte Amado, explicou que no decurso da reunión as partes reiteraron a urxente necesidade dunha xuntanza con Endesa, na que estivera tamén o Ministerio, para saber cales son as pretensións da empresa e para esxirlle garantías de emprego e de impulso económico, tanto para a localidade das Pontes como para a súa, neste proceso de transformación.

En todo caso, o representante da CIG matiza que “non é só importante a reunión con Endesa senón tamén co Ministerio, que ten moito que dicir xa que a transición ecolóxica pasa polo que eles lexislen e entendemos que non o están facendo dunha maneira ordenada que permita acometer o proceso con tranquilidade para evitar que haxa perda de emprego”.

Amado subliña que a Endesa se lle demanda que non aproveite este proceso de transición ecolóxica para “pechar e deixarnos a todos mangados”,  e que aclare a súa posición, porque máis alá do contacto que se mantivo coa empresa en agosto, non houbo ningún compromiso firme. “Non sabemos cal é a súa postura definitiva, mais cando estaba facendo unha serie de obras para adaptar as instalacións a esa transición e paralizounas o propio venres”. Obras que Alberte Amado advirte que son imprescindibles porque “se non se reanudan hai dous grupos que non poderán producir a partir de xullo do ano que vén”.

Mobilización na Coruña para esixir a Endesa que garanta o emprego nas Pontes