Imprimir

Máis de mil empresas e autónomos coruñeses solicitan as axudas dos programas PEL da Deputación

Redacción | 15 de junio de 2020

Valentín González e José Ramón Riobóo presentaron as axudas do Plan de Emprego Local 2020 da Deputación da Coruña./ARQUIVO.
Valentín González e José Ramón Riobóo presentaron as axudas do Plan de Emprego Local 2020 da Deputación da Coruña./ARQUIVO.
Un total de 1.011 empresas e persoas autónomas da provincia da Coruña optan ás axudas dos programas PEL-Pemes e PEL-Emprende 2020 da Deputación da Coruña, que pechou o prazo de solicitudes o pasado 11 de xuño.

A Deputación da Coruña distribuirá a través das liñas PEL-Pemes e PEL-Emprende 3.760.000 euros, "contribuindo a reforzar o tecido empresarial da provincia e a paliar o impacto que a pandemia da covid-19 está a ter nas empresas e autónomos".

A meirande parte das solicitudes dirixíronse á liña de PEL-Emprende para investimentos, con 700 solicitudes presentadas, o que supón o 69,24% do total; seguido da liña de PEL-Pemes para a contratación de novo persoal con 246 ( o 24,33%), e 65 solicitudes (o 6,43%) de PEL-Pemes mantemento, que permite manter a axuda aos traballadores/as contratados no ano anterior.

Por outra banda, 36 solicitantes presentaron a solicitude sen especificar a liña de axuda que desexan solicitar. 

O procedemento de concesión destas axudas da Deputación da Coruña é o réxime de concorrencia competitiva. Unha Comisión de Valoración valorará e puntuará as solicitudes presentadas en cada liña "conforme a criterios de obxectividade, igualdade e non discriminación dentro das dispoñibilidades orzamentarias e perseguindo a maior repercusión posible das axudas no ámbito territorial, en función dos criterios de valoración comúns e dos establecidos en cada unha das liñas no apartado valoración de solicitudes".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ayudas-y-subvenciones/mais-mil-empresas-autonomos-coruneses-solicitan-axudas-programas-pel-da-deputacion/20200615124646014375.html


© 2020 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal