Clausura de obradoiros en Vigo e Ourense

Máis de 1.600 desempregados estanse a formar en 83 obradoiros de emprego

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, co apoio da Administración local, está a formar a 1.600 desempregados a través de 83 obradoiros de emprego que se desenvolven na actualidade.

Máis de 1.600 desempregados estanse a formar en 83 obradoiros de emprego
Francisco Conde entregou os diplomas aos participantes nos obradoiros de emprego Formaweb e MAIV.
Francisco Conde entregou os diplomas aos participantes nos obradoiros de emprego Formaweb e MAIV.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou este luns en Vigo na clausura de dous deste obradoiros de emprego, Formaweb e MAIV (Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo) Garantía Xuvenil 2017, mentres que a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, fixo o propio en Ourense co obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos Montealegre II.

Francisco Conde dixo destes programas, nos que o Goberno galego inviste este ano 20 millóns de euros, que son unha porta ao emprego cos que se contribúe a que os mozos e mozas menores de 30 anos accedan a un traballo ao recibir unha cualificación axustada aos perfís profesionais que está requirindo o tecido empresarial galega.

A través de Formaweb e MAIV, os 30 alumnos e alumnas que veñen de recibir un certificado de profesionalidade, con validez en todo o Estado, formáronse en materias vinculadas ás novas tecnolóxicas (no manexo de novas ferramentas informáticas, aprendizaxe de estratexias de marketing por internet e creación e xestión de páxinas web). 

Pola súa banda, o Montealegre II ofreceu formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados da capital ourensá. A súa actividade centrouse no Parque botánico de Montealegre co obxectivo de revalorizar o patrimonio natural e paisaxístico autóctono da zona. O deste ano dá continuidade á primera edición do obradoiro que se celebrou o pasado ano. A iniciativa formaba parte do programa de Garantía Xuvenil.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade, coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10%. 

Máis de 1.600 desempregados estanse a formar en 83 obradoiros de emprego