Carmela Silva recibe á xunta directiva da asociación empresarial

A Deputación de Pontevedra colaborará con AEMPE en materia de formación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa da provincia de Pontevedra (AEMPE), no que lle expuso a súa disposición a colaborar coa asociación para promover a actividade empresarial na provincia.
A Deputación de Pontevedra colaborará con AEMPE en materia de formación
Carmela Silva recibiu á xunta directiva de AEMPE.
Carmela Silva recibiu á xunta directiva de AEMPE.

Entre as liñas de colaboración acordadas entre a Deputación e AEMPE adiantouse a posta en marcha de actividades de formación dirixidas ao empresariado. “É preciso unha formación adaptada ás demandas do século XXI, ligada á economía e ás novas tecnoloxías”, asegurou Carmela Silva. Neste eido, a presidenta aproveitou para recordar que a través de SmartPeme estanse xa a impulsar actividades de formación e asesoramento individualizado en materia de novas tecnoloxías e marketing dixital.

Ademais, a presidenta da Deputación tamén se falou na reunión da importancia da cooperación e dos espazos para impulsar proxectos e iniciativas. Ao respecto, Carmela Silva mencionou o viveiro de Barro e de Lalín, o coworking ou o FabLab, “ferramentas todas elas de interese para lanzar proxectos empresariais e novas ideas de negocio”.

Finalmente, a presidenta provincial comprometeuse con AEMPE a organizar unha nova reunión de traballo co persoal técnico da Deputación para establecer liñas de actuación concretas para a promoción da actividade empresarial na provincia de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra colaborará con AEMPE en materia de formación