Imprimir

A Deputación de Lugo convoca un plan formativo para comercio e hostalería

Redacción Economía en Galicia | 01 de junio de 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, na presentación da campaña
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, na presentación da campaña "En Lugo, si".
A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición no programa formativo para negocios e profesionais do comercio, a hostalería e o turismo que organiza a institución dentro da campaña "En Lugo, si", dirixida a favorecer a reactivación destes sectores ante a crise da covid-19.

Esta acción formativa, a primeira da campaña "En Lugo, si" realizarase en liña a través de Internet a partir do día 15 de xuño, e está pensada para apoiar ás empresas e traballadores na aplicación de medidas de prevención e hixiénico sanitarias, garantindo a comodidade e o benestar do cliente.

O plan formativo, de 20 horas de duración, conta con 300 prazas e está dirixido aos negocios dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, en tanto que o Concello de Lugo xa ten o seu propio programa.

A Deputación entregará un diploma que acreditará que os negocios participantes realizaron esta formación e son, polo tanto, establecementos seguros. As persoas que se inscriban deben cumprimentar unha ficha cos seus datos persoais e con datos que acrediten que pertencen á empresa na que traballan.  As inscricións deben formalizarse ata o 14 de xuño  na web https://noainnova.com/curso-en-lugo-si/.

Campaña "En Lugo, si"
A campaña "En Lugo, si" impulsada pola Deputación de Lugo, na que se enmarca esta acción de formación, ten como obxectivo reactivar, dunha maneira estable e eficaz,o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus. 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/empleo/deputacion-lugo-convoca-plan-formativo-comercio-hostaleria/20200601184021014255.html


© 2020 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal