Imprimir

A Deputación da Coruña reabre prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local

Redacción | 01 de junio de 2020

O presidente da Deputación da Coruña nunha presentación do Plan de Emprego Local.
O presidente da Deputación da Coruña nunha presentación do Plan de Emprego Local.
A Deputación da Coruña reabre ata o 11 de xuño o prazo para solicitar as axudas das liñas PEL-Pemes e PEL-Emprende do Plan de Emprego Local 2020 dirixidas a pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores da provincia da Coruña.

A liña PEL-Pemes subvencionará as pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 15.400 euros anuais.

Con esta liña, a Deputación aposta polo emprego estable e de calidade no sector privado, xa que o 64,20% das persoas contratadas con axudas do PEL-Pemes contan xa cun contrato indefinido.

Habilítase tamén unha liña PEL-Pemes Mantemento, coa que a Deputación subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador/a cun importe máximo de 11.000 euros anuais. Estes contratos son sempre de carácter indefinido.

Por outra banda, a liña PEL-Emprende está destinada a autónomos e empresas da provincia da Coruña con menos de cinco anos de antigüidade e sede social en calquera dos concellos da provincia da Coruña. As axudas cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, útiles, mobiliario e equipos para procesos de información. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ayudas-y-subvenciones/deputacion-da-coruna-reabre-prazo-solicitar-axudas-do-plan-emprego-local/20200601184518014256.html


© 2020 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal