Entregaranse o 15 de xuño en Santiago

O CPEIG falla os premios da “X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia"

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar os premios da “X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que serán entregados o vindeiro 15 de xuño en Santiago.

O CPEIG falla os premios da “X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia"
A enxeñeira Miriam Pena recibirá o premio Ada Byron.
A enxeñeira Miriam Pena recibirá o premio Ada Byron.

Son nove distincións anuais que corresponden a diversas categorías onde os colexiados recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

O Colexio profesional premiou na categoría e-Inclusión ao proxecto Digitalizadas polos valores que fomenta ao desenvolver competencias tecnolóxicas que permiten a mulleres, especialmente da contorna rural, aumentar a súa influencia persoal e profesional en Internet. Os obxectivos son reducir a fenda de xénero, promover a inserción social e laboral das mulleres, protexer os seusdereitose seguridadeno eido dixital, e xerar unha rede de dixitalizadoras, é dicir,  unha comunidade de mulleres con maior interese no uso da tecnoloxía para fomentar o emprendemento e o autoemprego, que aportan experiencias e referentes empresariais locais femininos. O programa foi posto en marcha pola Fundación Cibervoluntarios, Fundación Mujerese Google.org, coa colaboración do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Na categoría de Iniciativa Emprendedora distinción recaeu na aceleradora VíaGalicia, por dar soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas, aportando capital semente, formación, infraestruturas e asesoramento intensivo. Vía Galicia é un ecosistema para emprendedores, situado en Nigrán e promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia. Esta aceleradora cre nas persoas e nas ideas e axuda a facer realidade un proxecto baixo un modelo de negocio rendible e sostible. Busca emprendedores con proxectos innovadores, acelerables, investibles e relevantes. Ata a data, Vía Galicia avaliou máis de 1.000 ideas de negocio, conta con 68 empresas aceleradas e 157 proxectos impulsados, cunha xeración de 338 postos de traballo.

No premio Iniciativa Empresarial, o CPEIG recoñeceu o labor de ISMS Forum por incentivar ofomento da seguridadedainformación a través da promoción do desenvolvemento, coñecemento e cultura da Seguridadeda Información en España e actuar en beneficio de toda a comunidade implicada no sector. A Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS ForumSpain) é unha organización sen ánimo de lucro fundada en 2007, que se configura como un foro especializado de debate para empresas, organizacións públicas e privadas, investigadores e profesionais onde colaborar, compartir experiencias e coñecer os últimos avances e desenvolvementos en materia de seguridadeda información. ISMS ForumSpain ten xa a máis de 160 empresas asociadas e máis de 900 profesionais asociados.

O premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en informática, recaeu este ano en Miriam Pena. O CPEIG valorou a súa meteórica progresión profesional, seleccionada pola plataforma Women 2.0 como unha das doce enxeñeiras máis importantes en Silicon Valley en 2018. A enxeñeira, natural de Bueu, traballa actualmente na compañía de software publicitario AdRoll en San Francisco (EEUU), onde desempeña a función de staff engineer -–enxeñeira de plantilla–, un dos postos máis relevantes dentro dunha compañía tecnolóxic aonde se encarga de deseñar e implementar partes críticas da infraestrutura de ofertas en tempo real. Titulada por la Facultade de Informática da Universidade da Coruña, Miriam Pena conta con máis de 10 anos de experiencia en sistemas escalables, de alto rendemento e concorrencia.

O CPEIG quere, mediante a concesión do Ada Byron, visibilizar a participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes “dun sector que ten a responsabilidade e o compromiso de ir á cabeza na saída da actual crise económica”. 

Na categoría de iniciativa da Administración, o Colexio distinguiu ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), unha entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital dos cidadáns, con especial interese nos menores, e tamén nas empresas, sobre todo en sectores estratéxicos. Esta sociedade estatal desenvolve ademais unha parte importante do seu traballo en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

No premio Traxectoria Profesional, o colectivo recoñece o percorrido profesional de Lucía Ardao. Licenciada en Informática e Máster en Telemática pola Universidade da Coruña, programa de Alta Dirección AMP da IE Business School e programa Executiva da Xunta de Galicia son algúns dos méritos académicos de Ardao. Desde o inicio da súa carreira profesional en 1996, a súa traxectoria está vinculada a empresas do sector das Tecnoloxías da Información eas Telecomunicacións, desde spin-offs a empresas de software e consultoras, ocupando distintos postos de dirección rexional e corporativa de unidades de negocio eoperacións en empresas como Denodo Technologies, Softgal ou Tecnocom. Actualmente é responsable do Negocio de TI de Indra en Galicia.

En relación ao premio Colexiado de Honra, o CPEIG decidiu conceder esta distinción especial ao presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII), Juan Pablo Peñarrubia. Anteriormente presidente do colexio valenciano, compaxina o seu labor colexial coa xefatura do departamento de Innovación na Deputación de Valencia. O Colexio galego considérao un “traballador infatigable en busca da regulación da enxeñaría en informática e a defensa da profesión en todo o seu alcance”.

Nesta décima edición de A Noite, o CPEIG creou unha nova categoría, o premio 10º Aniversario de A Noite, distinción de agradecemento a empresas pola súa constancia no apoio ao longo destes dez anos de A Noite: Telefónica, Plexus, HP, Bahía e Xunta de Galicia.

Finalmente, o CPEIG convocou o Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón, que ten unha dotación económica de 1.000 euros para o traballo gañador –mentres que o resto de distincións recibirán unha estatuíña–, quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática. O premio recaeu en José Joaquim de Moura Ramos polo seu proxecto “Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT” como traballo fin de máster na Universidade da Coruña. Ademais, os tres finalistas beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta.

Os galardóns serán entregados o vindeiro 15 de xuño na“X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, nunha cea de gala no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela á que está previsto asistan preto de 400 convidados. A Noite é xa unha gala consolidada onde o CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC. Na actualidade, o CPEIG suma máis de 350 profesionais colexiados.

O CPEIG falla os premios da “X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia"