Estes municipios terán prioridade na convocatoria de obradoiros e outros programas

Conde pon en valor a figura dos Concellos Emprendedores para multiplicar as oportunidades laborais dos desempregados

O conselleiro de Economía, Emprego e  Industria, Francisco Conde, clausurou este venres en Abegondo, o obradoiro de emprego "Reserva da biosfera: emprego sostible", que formou un total de 20 desempregados no eido da fruticultura e o cultivo de plantas en viveiros.

Conde pon en valor a figura dos Concellos Emprendedores para multiplicar as oportunidades laborais dos desempregados
A Coruña
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistirá ao acto de clausura do obradoiro de emprego Reserva da biosfera. Emprego sustentable.
15/06/2018
Foto: Moncho Fuentes / ANG A Coruña
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na clausura do obradoiro de emprego "Reserva da biosfera. Emprego sustentable" en Abegondo. /M.FUENTES.

O conselleiro de Economía destacou a importancia da colaboración institucional para multiplicar as oportunidades laborais das persoas sen emprego de Galicia. Neste senso, puxo de relevo a figura dos Concellos Emprendedores, unha iniciativa da que forman parte Abegondo e Coirós, xa que permite ás administracións locais ter prioridade este ano na convocatoria dos novos obradoiros duais e outros programas de fomento para o emprego. Na provincia da Coruña, son 12 os Concellos Emprendedores e unha vintena mostrou interese para selo.

Conde, ademais de avogar pola colaboración entre administracións, sinalou a importancia da formación para o emprego. “Para que Galicia poida ter un futuro necesitamos que a nosa xente estea formada. É o principal capital no que temos que traballar, a formación, para que se abran novas oportunidades”, indicou.

Deste xeito, puxo en valor os obradoiros de emprego. No caso particular do obradoiro "Reserva da biosfera: emprego sostible" participaron un total de 20 desempregados de sete concellos da Coruña (Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Bergondo), que obtiveron un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional no eido da fruticultura e o cultivo de plantas en viveiros. O investimento para facer posible este programa foi próximo aos 284.000 euros. Os alumnos e alumnas dos obradoiros, ademais de formarse, obtiveron durante nove meses un contrato laboral durante o tempo que dura a cualificación. Neste tempo, os participantes realizaron traballos de acondicionamento de fincas, tratamento de árbores de froitas e instalaron sistemas de regadío e invernadoiros en distintos enclaves da comarca. Este obradoiro contou cunha parte complementaria de cualificación en alfabetización informática, prevención de riscos laborais, sensibilización ambiental e en igualdade de xénero.

Unidades Formativas en Empresas

O titular de Economía salientou a aposta da Xunta por atender os perfís profesionais que están demandando as empresas con iniciativas como os obradoiros, os programas integrados ou as Unidades Formativas nas Empresas. Sobre este último plan, que se aprobaba este xoves no Consello da Xunta, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 5,4 millóns de euros para que 83 empresas impartan formación á carta a 3.200 desempregados e ocupados.

Por último, o conselleiro destacou a importancia de seguir poñendo en marcha iniciativas que sirvan para dinamizar a economía no rural a través de programas como son os obradoiros de emprego ou o Galicia Rural Emprende. A nova convocatoria deste último mobilizará 11 millóns de euros para impulsar 80 novos proxectos. “Contamos cunha gran potencialidade desde o punto de vista dos recursos autóctonos. A reserva da biosfera é un elemento diferenciador e temos que traballar nesta marca diferenciadora, neses proxectos de economía circular vinculados ao medio rural”, indicou. Neste senso, explicou que a súa Consellería está aberta á colaboración de proxectos de emprendemento vinculados coa reserva da biosfera.

Conde pon en valor a figura dos Concellos Emprendedores para multiplicar as oportunidades laborais dos desempregados