Imprimir

A Cámara santiaguesa ensinará a empresarios e emprendedores a administrar axeitadamente as súas finanzas persoais

Redacción | 13 de abril de 2018

A asesosra financeira Patricia Doldán impartirá a xornada.
A asesosra financeira Patricia Doldán impartirá a xornada.

A Cámara de Comercio de Santiago celebrará o martes, 17 de abril, unha xornada gratuíta, previa inscrición, sobre as "Claves para administrar as finanzas persoais para empresarios e emprendedores".

A formación está dirixida a autónomos, empresarios e emprendedores, e persoas interesadas en xeral. Os participantes poderán consultar dúbidas sobre o seu futuro á hora da xubilación, coñecer aspectos á hora de facer o traspaso xeracional dunha empresa, todo o relacionado con baixas por enfermidade, asuntos relativos a débedas ou aforros e pago de impostos. Ademais, poderán descubrir como organizar as súas finanzas e aclarar se é necesario separar as finanzas persoais das empresariais e coñecer a forma de protexer o seu patrimonio persoal.

O seminario estará impartido pola economista e asesora financeira Patricia Doldán, certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Ofrece axuda e planifica a empresas e familias para conseguir que logren os seus obxectivos financeiros.

A xornada será o vindeiro 17 de abril, entre as 17:00 e as 18:30 horas no salón de actos da entidade cameral. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/eventos/camara-santiaguesa-ensinara-a-empresarios-emprendedores-administrar-axeitadamente-suas-finanzas-persoais/20180413114150006653.html


© 2021 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal