Programa europeo Pre-Solve

A Cámara de Santiago ofrece apoio a medida a emprendedores e empresas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará do 26 ao 30 de xuño a semana formativa Pre-Solve, un programa europeo que ofrece apoio a medida a emprendedores e empresas.

A Cámara de Santiago ofrece apoio a medida a emprendedores e empresas

O programa Pre-Solve pon a disposición dos participantes asesoramento personalizado para determinar unha estratexia de actuación, formación para fortalecer a capacidade do emprendedor e empresa, e ferramentas de xestión para a mellora da empresa con análises administrativos e de custos.

Os interesados en participar neste programa gratuíto deben poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago para pedir cita e someterse a unha diagnose inicial do seu negocio, inscribirse no itinerario formativo ou solicitar as ferramentas de xestión que sexan do seu interese.

Os cursos formativos celebraranse na sede da Cámara de Comercio de Santiago entre as 9 e as 11 horas e os alumnos poderán elexir os cursos que lles interesen. A sesión do luns 26 estará enfocada á análise da capacidade de negociar, sempre con mentalidade competitiva. O martes 27 ofreceranse as claves para mellorar a situación financeira, o mércores 28 a formación centrarase nas técnicas de vendas, o xoves 29 explicaranse as claves para coñecer o contorno e aos posibles clientes, e o venres 30 pecharase a semana cunha sesión para facer que o negocio camiñe cara a metas ilusionantes, sempre superando obxectivos retadores. Todos os participantes recibirán un certificado de asistencia.

Este proxecto europeo está coordinado pola Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria e executado por catorce Cámaras de Comercio de oito países europeos.

A Cámara de Santiago ofrece apoio a medida a emprendedores e empresas