Ofrecerá contratos en prácticas subvencionados de seis meses, prorrogables

Bota a andar o plan “O teu primeiro emprego” da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o Plan de Fomento de Empregabilidade na provincia de Pontevedra, "O teu primeiro emprego".

Bota a andar o plan “O teu primeiro emprego” da Deputación de Pontevedra
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “o novo plan “O teu primeiro emprego” ven a substituír ao antigo Plan de Práctica Laboral, convertendo as bolsas que había ata agora por contratos en prácticas” e resaltou que “a Deputación cumpre así coa súa palabra de crear un plan que garanta moito máis os dereitos dos mozos e mozas da provincia”.

Na súa intervención, Silva explicou que “os obxectivos deste plan de emprego son facilitar a inserción laboral da xuventude da provincia dun xeito activo; apostar por unha estratexia provincia aliñada co Plan Director do Emprego Digno aprobado polo Goberno do Estado; evitar a fuga de talento xuvenil por falta de oportunidades reais na súa contorna, e colaborar con empresas, corporacións sectoriais e organizacións sen ánimo de lucro no desenvolvemento económico da nosa provincia”.

Este plan estruturase en catro programas de actuación: o teu primeiro emprego na Deputación Provincial, o teu primeiro emprego nos concellos (de menos de 50.000 habitantes), o teu primeiro emprego nas empresas, corporacións sectoriais, e o teu primeiro emprego en organizacións sen ánimo de lucro da provincia.

Silva detallou que “os contratos en prácticas serán subvencionados por un período de seis meses, prorrogables a outros seis” e que “os contratos en prácticas serán subvencionados de maneira que a Deputación aporta o equivalente ao salario mínimo interprofesional, e as entidades colaboradoras deberán complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan segundo a categoría profesional asignada polo convenio colectivo aplicable.

Os requisitos para poder acceder a estes contratos son estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grado medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes; non transcorrer mais de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, dende a terminación dos estudos; non estar e non ter estado contratados en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano, e non ter experiencia laboral previa na titulación.

A selección das persoas beneficiarias deste plan levarase a cabo segundo as bases reguladoras que serán aprobadas nas vindeiras semanas.

Bota a andar o plan “O teu primeiro emprego” da Deputación de Pontevedra