Resolta a segunda convocatoria

As axudas do Programa Principia facilitarán a contratación de 210 investigadores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da segunda convocatoria do Programa Principia, que posibilitará a contratación de 210 mozas e mozos investigadores en empresas galegas, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i.

As axudas do Programa Principia facilitarán a contratación de 210 investigadores

Mediante estes contratos, que deberán ter unha duración dun mínimo dun ano, o Goberno galego busca así abrir unha porta ao mercado laboral aos titulados con pouca experiencia, xa que o programa estará focalizado nos mozos e mozas menores de 35 anos con menos de 36 meses empregados na súa categoría profesional. De feito, para case a metade dos beneficiarios será a súa primeira experiencia laboral.

Búscase que o programa lles sirva como anclaxe ao mercado laboral, de forma que sexan contratados polas empresas despois da finalización do programa, reforzando así a competitividade en materia de investigación e no tecido empresarial galego.

As axudas, que suman 2,1 millóns de euros, permitirán a contratación de 210 mozos en 70 empresas e 8 centros de investigación de Galicia. O apoio da Xunta será de 10.000 euros por contrato, e o custo medio anual por cada persoa, incluídos tanto os custos laborais como os da seguridade social a cargo da empresa, será de máis de 30.000 euros. Deste xeito, a segunda convocatoria deste programa permitirá mobilizar máis de 6 millóns de euros.

As axudas concedéronse en réxime de concorrencia competitiva, previa valoración dunha serie de criterios como o tipo de contrato, a titulación da persoa contratada, a experiencia profesional, ou a contía do salario, entre outros. Así, como principais novidades con respecto á anterior convocatoria, incluíronse aos titulados de FP superior e impulsouse a aposta pola contratación de calidade ao dar maior puntuación aos contratos indefinidos e á formación por parte da empresa contratante. Deste xeito, do total dos 210 contratos, a metade serán de carácter indefinido e o 93% recibirá formación a cargo da empresa.

As axudas do Programa Principia facilitarán a contratación de 210 investigadores