Asinan un convenio de colaboración

A Área Empresarial do Tambre e Cáritas promoverán a responsabilidade social empresarial

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e Cáritas Interparroquial Santiago asinaron un convenio de colaboración no Centro Empresarial do Tambre para mellorar a responsabilidade social empresarial e promocionar o emprego. 
A Área Empresarial do Tambre e Cáritas promoverán a responsabilidade social empresarial
José Fernández Alborés, e o director da organización asistencial, Luis Calviño Pueyo.
Luis Calviño Pueyo e José Fernández Alborés.

O convenio foi rubricado polo presidente da asociación empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e o director da organización asistencial, Luis Calviño Pueyo.

O acordo está orientado a poñer en coñecemento dos membros da entidade empresarial os servizos e programas que desenvolve Cáritas. Ademais, ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambos organismos para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a responsabilidade social empresarial, fomentar a formación e promoción do emprego dentro dos servizos e competencias de ambas partes.

Segundo o convenio, dun ano de duración, Cáritas poderá usar as instalacións do Centro Empresarial do Tambre nas mesmas condicións que os socios da asociación. Pola súa parte, a AAET informará a Cáritas das xornadas, talleres e outras accións formativas e informativas que se celebren nas súas instalacións. Tamén poderán promover conxuntamente actividades e fomentalas entre os seus asociados.

A Área Empresarial do Tambre e Cáritas promoverán a responsabilidade social empresarial