Imprimir

Amplíase o prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL da Deputación da Coruña

Redacción | 07 de enero de 2021

Os galardóns enmárcanse no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.
Os galardóns enmárcanse no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña amplía ata o 28 de xaneiro o prazo de presentación de candidaturas á cuarta edición dos Premios PEL, galardóns que nesta edición contarán con cinco categorías, unha das cales estará dirixida a recoñecer iniciativas innovadoras que contribúan na loita contra a covid-19.

Os Premios PEL da Deputación da Coruña incluén un galardón á mellor iniciativa empresarial nova, destinado a autónomos/as e empresas da provincia constituídas nas anualidades 2019 ou 2020; un galardón á mellor iniciativa empresarial consolidada, para autónomos e empresas da provincia constituídas en 2015 ou con anterioridade. Ademáis, créase un novo premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a covid-19, para autónomoss, empresas e concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que a través da súa actividade innovadora axuden a frear a expansión do coronavirus investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os efectos negativos derivados da pandemia. Unha cuarta categoría galardoará o concello promotor do emprego de calidade, destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia; e finalmente concederase un galardón á mellor asociación empresarial, para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios e empresarias da provincia.

En total repartiranse un total de 75.000 euros en premios, 15.000 por cada categoría. Débese ter en conta que non se admitirá máis dunha candidatura por entidade e categoría, coa excepción de que os concellos poderán presentar candidaturas á terceira e cuarta categorías. A presentación de iniciativas realizarase de forma telemática a través da plataforma SUBTeL da Deputación coruñesa.

Axudas PEL-Relevo e PEL-Rurinnova

Doutra banda, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña vén de publicar as bases das dúas liñas de axuda enmarcadas no Plan de emprego local (PEL) da Deputación da Coruña ,que contan cun orzamento total de 1.052.400 euros, do que o 80% é subvencionado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo.

A Deputación coruñesa busca a través destas liñas a creación de novas empresas, fomento do autoemprego e configuración de postos de traballo estables e de calidade para a mocidade menor de 30 anos que viva en municipios da provincia que conten con menos de 5.000 habitantes ou con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo.

PEL- Relevo e PEL-Rurinnova teñen como obxectivo loitar contra o declive demográfico nas áreas rurais. "As liñas de axuda á mocidade no rural demostraron ser importantes á hora de fixar a poboación das zonas máis rurais e contribuír ao desenvolvemento destes concellos a través da creación de emprego estable e de calidade e novas oportunidades de acceso ao autoemprego para a xente moza", indica o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que subliña que "é fundamental que a mocidade do rural galego poida desenvolver a súa vida profesional nel, ter un futuro nas súas localidades e así garantir o relevo xeracional".

As axudas poden ser solicitadas por empresas e persoas emprendedoras de calquera dos concellos coruñeses que conten con menos de 5.000 habitantes ou con menos de 10.000 que presenten un saldo demográfico negativo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/eventos/ampliase-prazo-presentacion-candidaturas-aos-premios-pel-da-deputacion-da-coruna/20210107175642016211.html


© 2021 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal