Coorganiza tres cursos este mes de setembro

A AEF formará en prevención de riscos laborais

 A Asociación de Empresarios Ferrolterra participa na organización de varios cursos formativos co fin de fomentar a cultura de Prevención de Riscos Laborais na empresa. 
A AEF formará en prevención de riscos laborais
La industria fue el único sector de actividad económica en el que creció la ocupación en el último trimestre de 2018.
A Asociación de Empresarios Ferrolterra coorganiza varios cursos formativos sobre Prevención de Riscos Laborais

O primeiro dos cursos que se impartirán este mes de setembro é o de "Implantación da norma ISO 45001:2018 Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde Laboral", que coorganiza Fegape entre o 9 e o 25 de setembro e imparte Adelino García Casals. O segundo é o curso "Convenio Construción | Formación PRL específico para pintura”, que organiza a Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC) e impate APECCO do 9 ao 12 de setembro. Finalmente, o “Curso PRL Naval”, que terá lugar do 16 ao 27 de setembro, está organizado pola CEC e impartirá Taprega.

Os cursos desenvolveranse na sede da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) en Punta Arnela, son gratuítos, teñen as prazas limitadas e están dirixidos a traballadores por conta allea, propia e desempregados. Terán preferencia os traballadores das empresas asociadas á AEF.

Esta formación está financiada pola Xunta de Galicia a través da orde que establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais no exercicio 2019.

A AEF formará en prevención de riscos laborais