Haberá axudas para servizos e investimentos

Abrése o prazo de solicitude das axudas do Bono Autónomo

Ata o 2 de agosto estarán abertas as solicitudes das axudas do Bono Autónomo a través do cal a Xunta de Galicia ofrece apoios de ata 3.000 euros para a mellora da competitividade dos traballadores por conta propia.

Abrése o prazo de solicitude das axudas do Bono Autónomo
En Galicia, el número de autónomos, personas físicas ha caído en 647, situándose en 139.705.
Ata o 2 de agosto estarán abertas as solicitudes das axudas do Bono Autónomo.

Trátase da terceira edición desta iniciativa coa que se busca apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses. A Administración autonómica prevé beneficiar a 1300 traballadores a través dun orzamento que alcanza os catro millóns de euros, un máis que ao longo do pasado exercicio.

A actuación conta con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se poderán aprobar axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

Financiarase, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio. Este ano tamén financiarase como novidade a adquisición de mobiliario.

Apoiaranse os gastos que se teñan realizado desde o 3 de xullo, día de publicación da orde no DOG, ata o 31 de decembro. A través do Bono autónomo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria favoreceu nos dos últimos anos, cun orzamento de máis de tres millóns de euros, a consolidación de 1.355 autónomos. 

Abrése o prazo de solicitude das axudas do Bono Autónomo