Asinan un convenio de colaboración

Abanca pon a disposición de ATAVE un plan de financiamento integral

Abanca atenderá ás necesidades de crédito da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), con quen vén de asinar un convenio de colaboración.
Abanca pon a disposición de ATAVE un plan de financiamento integral
Manuel Romero, director de Abanca e Manuel Álvarez, presidente de ATAVE.
Enrique Manuel Romero, director de zona de Abanca en Ourense Centro, e Manuel Álvarez, presidente de ATAVE.

O convenio foi subscrito polo presidente da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), Manuel Álvarez Gil, e o director de zona de Abanca en Ourense Centro, Enrique Manuel Romero Reinoso.

Grazas a este acordo, o banco pon a disposición dos talleres pertencentes á asociación un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario.

A oferta financeira da entidade inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou corfirming segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as sociedades de garantía recíproca galegas. Do mesmo xeito, os empresarios da comarca poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de Abanca, do seu servizo de banca electrónica, do Bróker Online, de Abanca Pay, e do servizo ‘Appúntame’.

Os membros de ATAVE tamén poderán facer uso de TPVs virtuais e físicos e dispor do Sistema Aplazos co que aumentar as súas vendas ao ofrecer a posibilidade de financiar compras de xeito sinxelo, rápido e económico. 

Abanca pon a disposición de ATAVE un plan de financiamento integral