Ata o de agora era subdirector de Planificación na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Ángel Tarrío, novo director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Ángel Luis Tarrío Tobar como director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.
Ángel Tarrío, novo director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos
O conselleiro Miguel Corgos, e o novo director xeral dede Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío./CONCHI PAZ.
O conselleiro Miguel Corgos, e o novo director xeral dede Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío./CONCHI PAZ.

Ángel Tarrío Tobar é funcionario da Escala Superior de Estatística, do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde 1996, ocupando distintos postos directivos no Instituto Galego de Estatística (IGE), entre eles, o de subdirector xeral de Síntese, Análise e Difusión, así como o de director xeral do IGE.

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa formación académica inclúe os cursos de doutoramento en Econometría Sectorial. Ata o momento ocupaba o cargo de subdirector de Planificación na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública.

 

Reducción da débeda

Noutra orde de cousas, a Consellería de Facenda e Administración Pública deu a coñecer este martes os datos do Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao
primeiro trimestre do ano publicados polo Banco de España. Segundo estes, Galicia reduciu un 3,4% o seu endebedamento no primeiro trimestre do ano, o que supuxo rebaixar a súa débeda en 401 millóns de euros.

Con estes datos, a Administración galega diminuíu 1,1 puntos o seu endebedamento en relación ao seu PIB, ata o 17,4%, e sitúase, deste xeito, como a terceira comunidade autónoma de réxime común cunha menor ratio débeda/PIB, tras Canarias e Madrid.

Ademais, a Comunidade galega aumentou no primeiro trimestre do ano o seu diferencial positivo de débeda coa media, ata os 7,7 puntos, xa que o conxunto das comunidades autónomas ten unha ratio débeda/PIB do 25,1%. Desta forma, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor
endebedamento de toda España.

Así mesmo, Galicia pechou o primeiro trimestre de 2022 sendo a segunda comunidade autónoma, despois de Canarias, con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.204 euros, fronte aos 6.568 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.341 euros menos que a media
autonómica.

Comentarios
Ángel Tarrío, novo director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos