Día Internacional da Igualdade Salarial

O salario medio dos homes supera en case seis mil euros o das mulleres

Con motivo da celebración do primeiro Día Internacional da Igualdade Salarial este 18 de setembro, CCOO vén de dar a coñecer os datos dun estudo segundo o cal, a nivel estatal, o salario medio dos homes supera en case seis mil euros o das mulleres.
O salario medio dos homes supera en case seis mil euros o das mulleres
O 18 de setembro celébrase o Día Internacional da Igualdade Salarial.
O 18 de setembro celébrase o Día Internacional da Igualdade Salarial.

Segundo o estudo realizado pola Secretaría Confederal de Mulleres e Igualdade de CCOO, "Igualdad retributiva, un derecho pendiente", no ano 2017 o salario medio era de 23 646 euros, pero cunha profunda fenda de xénero: o dos homes (26.392 euros) superaba en case seis mil euros o das mulleres (20.608 euros). Esta diferenza débese a moi diversos factores —sector de actividade, ocupación, tipo de contrato, tipo de xornada ou complementos salariais— e ten consecuencias nas prestacións sociais: as prestacións contributivas das mulleres son un 15 % inferiores ás dos homes no período 2012-2017 e as pensións por xubilación, un 36 % máis baixas.

Por iso, desde Comisións Obreiras entenden a reivindicación do Día Internacional da Igualdade Salarial , celebración auspiciada pola ONU, como "xusta e necesaria". "Nestes tempos difíciles non podemos permitirnos ningún retroceso, e a igualdade retributiva continúa sendo un dereito pendente", apunta o sindicato, que afirma que é preciso avanzar neste dereito a través da negociación colectiva "con conciencia de clase e perspectiva de xénero, esixindo, negociando e aplicando medidas e plans de igualdade nas empresas. Potenciando as accións encamiñadas ao logro da igualdade de remuneración por traballos de igual valor".

Comentarios
O salario medio dos homes supera en case seis mil euros o das mulleres