O día 24, en Santiago

A Xunta achega ás pemes os beneficios da industria 4.0 nunha nova xornada do programa ReAcciona TIC

A Xunta organiza este mércores, 24 de maio, en Santiago, unha xornada técnica do programa ReAcciona TIC co obxectivo de achegarlles ás empresas información detallada sobre o potencial de mellora competitiva vinculado á dixitalización e á conectividade, para a consecución de fábricas intelixentes e flexibles, concienciando ás pemes sobre os beneficios da Industria 4.0.

A Xunta achega ás pemes os beneficios da industria 4.0 nunha nova xornada do programa ReAcciona TIC

A xornada promovida a través do programa ReAcciona TIC, impulsado conxuntamente polo Igape e a Amtega, desenvolverase na sede do Igape en Santiago de Compostela, a partir das 10 horas e contará coa implicación e a colaboración activa de CTIC Centro Tecnolóxico, que ofrecerá relatorios sobre o programa en xeral e, en concreto, sobre o servizo de posta en marcha de solucións de Industria 4.0 nas pemes galegas, así como demostracións prácticas das tecnoloxías 4.0.

O Igape e a Amtega activaron en datas recentes a segunda convocatoria do ano 2017 para a solicitude dos servizos do programa Re-acciona TIC, deseñado para impulsar a mellora da competitividade e a transformación dixital das empresas a través de diferentes servizos de empresa dixital e de industria 4.0. Entre eles, a elaboración da diagnose para a aplicación de solucións dixitais, soporte para a implantación de solucións dixitais de mobilidade, de mellora da xestión empresarial ou de marketing dixital, e asesoramento especializado. A convocatoria estará aberta ata o vindeiro 31 de maio.

Para difundir as vantaxes que o programa pode achegarlles ás pemes, ambas entidades veñen colaborando no desenvolvemento de xornadas sectoriais. No caso da xornada deste mércores, está orientada a a empresas do sector industrial ou de servizos á industria. Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico [email protected] ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).

A Xunta achega ás pemes os beneficios da industria 4.0 nunha nova xornada do programa ReAcciona TIC