O 11 de marzo

Xornada sobre os fondos Next Generation en Lalín

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares organiza este venres, 11 de marzo, unha xornada en Lalín para dar a coñecer o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ao tecido empresarial da zona e á veciñanza en xeral.
Xornada sobre os fondos Next Generation en Lalín
A xornada sobre os fondos Next Generation está organizada polo eurodeputado Nicolás Casares.
A xornada sobre os fondos Next Generation está organizada polo eurodeputado Nicolás González Casares.

O parlamentario Nicolás gonzález Casares debullará os obxectivos da estratexia do Goberno español deseñada para canalizar os fondos destinados por Europa a reparar os danos provocados pola crise da covid-19 e, a través de reformas e investimentos, construír un futuro máis sostible.

Empresas, autónomos e particulares contarán con información de primeira man sobre o carácter dos fondos Next Generation e as oportunidades que representan, por exemplo, para a transición ecolóxica e dixital ou para o agro a través dos PERTE, que veñen a ser grandes proxectos estratéxicos que esixen a colaboración entre administracións, empresas e centros de investigación.

A xornada, con entrada aberta, celebrarase este venres 11 de marzo ás 19 horas no Pazo de Bendoiro de Lalín.

Xornada sobre os fondos Next Generation en Lalín