Esta fin de semana tterá lugar a feira Celebra, en Expourense

Vodas: baixa o número de convidados, pero medra o investimento en cada un deles

A 20ª edición de Celebra, Salón de Vodas, Bautizos e Comuñóns e Actos Sociais, reunirá un total de 40 expositores os días 23 e 24 de novembro no recinto feiral de Expourense.
Vodas: baixa o número de convidados, pero medra o investimento en cada un deles
O empresario Julio Gutiérrez, a directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez, o o presidente do comité executivo de Expourense, Jorge Pumar; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez,  presentaron a feira Celebra.
O empresario Julio Gutiérrez, a directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez, o o presidente do comité executivo de Expourense, Jorge Pumar; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, presentaron a feira Celebra.

Celebra cumpre 20 anos acompañando ás familias e empresas galegas, e sobre todo ás de Ourense, na organización dos seus eventos ofrecendo os productos e servizos nos que prima a calidade, o deseño e a orixinalidade. Nesta edición o salón primará a interacción entre os expositores e os visitantes a través da presenza do “oficiante” Dani Ríos, “O Casamenteiro”, que guiará ás parellas na súa busca de productos e servizos. Para esta edición cóntase ademais coa colaboración da empresa Bodaspack, unha plataforma web galega especializada na organización integral de vodas.

Esta cita presentará unha ampla oferta de produtos e servizos para que as familias que están organizando o seu eventos para o 2020 ou ata para o 2021, poidan atopar aos provedores necesarios para a súa voda, bautizo ou comuñón como o lugar onde celebrar o banquete; os traxes de noivo, noiva e festa; perruquería e estética; arranxos florais; fotografía; xoiería; viaxes; animación e discotecas móbiles; agasallos; actuacións musicais; “espellos máxicos” que son fotomatóns; cocteleiría; prensa especializada, etc. Todas as empresas ofrecerán os productos e servizos necesarios para organizar un evento 100% personalizado, diferente e a prezos competitivos. Os expositores ofrecen ademais descontos especiais para as reservas realizadas durante Celebra.

Como é habitual, a oferta expositiva complementarase con varios pases de moda nupcial, festa e infantil. O horario de Celebra será sábado e domingo de 11 a 14.30 horas e de 16 a 20.30 horas. 

O que custa unha voda

As estatísticas indican que cada vez se reduceo número de convidados nos eventos (130 de media nunha voda, por exemplo) pero que medra o investimento en cada un deles e iso non significa outra cousa que se coidan cada vez máis os detalles e os xestos de cariño cara os convidados. Estimar o custo medio dunha voda non resulta sinxelo xa que vén determinado por moitos factores como o estilo de cerimonia, o número de convidados, lugar de celebración, época do ano, tipo de viaxe de lúa de mel, etc. Aínda así, os distintos datos dispoñibles indican  que o custo medio dunha voda en Galicia ronda os 21.000 euros, o que supón un desembolso importante para as familias, pero tamén unha oportunidade de negocio para as empresas especializadas que cada ano acoden a Celebra.

Vodas: baixa o número de convidados, pero medra o investimento en cada un deles