Recoñecen o compromiso de empresas e entidades coas persoas consumidoras e usuarias

A Unión de Consumidores de Galicia convoca os Premios Benfeito de Consumo

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) anunciou a apertura das votacións para a primeira edición dos Premios Benfeito de Consumo. O obxectivo destes premios é recoñecer as empresas e entidades que, coa súa labor, contribúen significativamente ao tecido socioeconómico galego, valorando a excelencia e a innovación nas empresas galegas.

A Unión de Consumidores de Galicia convoca os Premios Benfeito de Consumo
Imaxe dos Premios Benfeito, convocados pola UCGAL.
Imaxe dos Premios Benfeito, convocados pola UCGAL.

Dende este venres, as persoas consumidoras galegas poderán implicarse directamente na elección das empresas gañadoras a través dun proceso aberto de votación. A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) convida a todas as persoas a participar co fin de garantir que os Premios Benfeito de Consumo reflictan verdadeiramente as opinións e experiencias das persoas consumidoras e usuarias galegas en relación coa calidade dos produtos e servizos que estas empresas poñen no mercado, así como a súa atención ao cliente.

Entre todas as persoas que participen no proceso de votación e cumprimenten a enquisa, sortearanse dúas cesta de produtos galegos, valoradas en en máis 100€ cada unha delas.

Os Premios Benfeito

Os Premios Benfeito de Consumo estrutúranse en varias categorías: Produtos Alimenticios, Produtos Non Alimenticios e Servizos. Ademais, a Xunta Directiva da UCGAL poderá outorgar unha ou máis mencións especiais a aquelas empresas que destaquen no seu campo.

Estes premios son unha ferramenta de comunicación da UCGAL que combina innovación con accesibilidade e é capaz de adaptarse a diferentes perfís de público. O obxectivo é achegar as mensaxes da UCGAL á sociedade galega, destacando a promoción dun consumo responsable e sustentable, e fomentando un diálogo e colaboración recíprocos entre empresas e consumidores.

A Unión de Consumidores de Galicia convoca os Premios Benfeito de Consumo