Organizan a AEF e APE Galicia

O sector da construcción, obxectivo dunha xornada de prevención de riscos laborais en Ferrol

A Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) en colaboración coa APE Galicia, organiza unha xornada de prevención de riscos laborais dirixida ao sector da construción e que conta coa financiación da Xunta de Galicia.
O sector da construcción, obxectivo dunha xornada de prevención de riscos laborais en Ferrol

Os obxectivos da xornada son xerar conciencia nos asistentes da importancia de implantar unha cultura preventiva na empresa; concienciar aos asistentes das vantaxes que supón a creación de contornas laborais seguros para a empresa a nivel económico, laboral e persoal; coñecer as principais responsabilidades que as empresas teñen en materia preventiva e entender a seguridade laboral como un compromiso de todos os seus integrantes: empresarios, traballadores, colaboradores e provedores. No transcurso da sesión tamén se darán a coñecer as claves de actuación preventiva nas pequenas empresas de construción, que garantan a seguridade das persoas que nela traballan, e as responsabilidades que debe asumir o empresario para garantilas.

A xornada, gratuíta, está dirixida a traballadores autónomos, emprendedores ou persoas desempregadas afíns ao sector da construción, ou calquera outra interesada nos contidos. Terá lugar o mércores, 31 de xullo de 10:00 a 13:00 horas na sede da Asociación de Empresarios Ferrolterra, en Ferrol.

Para poder asistir é imprescindible realizar inscrición previa no 981 33 33 005 ou no correo [email protected].

O sector da construcción, obxectivo dunha xornada de prevención de riscos laborais en Ferrol