Celebrarase ata o 30 de novembro

Regresa a campaña Días Azuis do Comercio Galego

A sexta edición da campaña dos Días Azuis do Comercio Galego desenvolverase en cidades e vilas galegas ata o 30 de novembro co obxectivo de impulsar as vendas do comercio de proximidade.
Regresa a campaña Días Azuis do Comercio Galego
Gabriel González, Sol Vázquez e José María Seijas presentaron a campaña.
Gabriel González, Sol Vázquez e José María Seijas na presentación da anterior edición da campaña.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou mediante videoconferencia na presentación da nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego, campaña que tamén pretende poñer en valor o importante papel económico e social do sector comercio no actual contexto.

Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Red Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa; a que é xa a sexta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta coa colaboración das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina web da campaña, Días Azuis, ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

Regresa a campaña Días Azuis do Comercio Galego