A exposición da economía galega ao Brexit, outro dos temas que se debaterán

A política tarifaria da AP9, a debate no encontro anual do Foro Económico de Galicia

Máis de 60 economistas, empresarios e expertos en comunicación participan este xoves e venres na Toxa nunha xuntanza do Foro Económico de Galicia para abordar asuntos de actualidade que afectan de cheo ao desenvolvemento económico de Galicia

A política tarifaria da AP9, a debate no encontro anual do Foro Económico de Galicia
50 expertos en economía, empresarios e xornalistas especializados en información económica asistiron á reunión da Toxa.
Asistentes a unha anterior reunión do Foro Económico de Galicia na Toxa.xa.

Un intenso programa que arrancará coa presentación do informe sobre a exposición da economía galega á incerta deriva na saída de Gran Bretaña da Unión Europea, o Brexit. Un amplo estudo dirixido polo economista e ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe.

Esta mesa contará co testemuño directo de representantes de dous dos sectores que máis poderían verse afectados polo Brexit, o téxtil e o pesqueiro. Adriana Domínguez, CEO de Adolfo Domínguez e Juan Manuel Vieitez, de ANFACO, serán os comentaristas do primeiro debate do día.

AP 9

A sesión da tarde estará adicada ao espiñento tema das infraestruturas viarias e -de maneira particular- á situación de Galicia, onde a AP9 xoga un papel transcendental para a articulación territorial.

Tamén nesta mesa abordarase a dificultade de establecer criterios para o investimento de fondos públicos, moitas veces en situación de confluencia de intereses políticos e económicos diversos e moitas veces enfrontados.

Asimesmo farese fincapé na fixación de prezos das infraestruturas construídas. A presentación correrá a cargo de Mar González Savignat, da Universidade de Vigo, César Canal, de Audasa, e Manuel Lago, de CC.OO. O catedrático Antón Costas da Universidade de Barcelona será o moderador.

Xornada do venres

O venres os asistentes poderán escoitar ao presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, José Luis Escrivá e de seguido o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago Peñas, presentará o grupo de traballo Galicia 2040. Nesta mesma sesión o conselleiro de Medio Rural, José González, expoñerá as estratexias a longo prazo para este sector en Galicia.

Este intenso programa rematará coa conferencia de Ana José Varela, directora de finanzas da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OCDE). Ana José Varela leva dous anos en Paris á fronte dun equipo de cen persoas. A súa intervención estará centrada no Informe da OCDE para España e sobre as desigualdades económicas entre as rexións.

O profesor Patricio Sánchez pechará o encontro cun balance das dúas xornadas de debate

A política tarifaria da AP9, a debate no encontro anual do Foro Económico de Galicia