Na Asociación Área Empresarial do Tambre

Organizan unha xornada sobre a procura de emprego no estranxeiro

A Asociación Área Empresarial do Tambre organiza este mércores 7 de outubro unha xornada informativa sobre a procura de emprego no estranxeiro: “Mobilidade laboral e procura de emprego por Europa”

Organizan unha xornada sobre a procura de emprego no estranxeiro

A xornada celebrarase no Centro Empresarial do Tambre en horairo de 10 a 14 horas. Será presencial para os nove participantes mentres que os relatores  se conectarán por videoconferencia. Dadas as medidas de prevención instauradas en Santiago pola covid- 19, a xornada contará cun máximo de nove participantes de moi diferentes perfís. O rango de idade estará comprendido entre os 20 e os 40 anos, a maioría con estudos básicos (ESO) e algunha persoa con estudos superiores.

Os relatores serán Rosa Sánchez Santos de Uninova, que falará do programa CE Eramus for Young Entrepreneurs; Cristina Villadóniga de Europe Direct Coruña, que presentará a súa entidade; Jonatan Santos Seoane da Fundación Galicia Europa, que falará do corpo de voluntariado europeo; e José Manuel Maceira da Confederación Empresarios de Galicia (CEG), que presentará a súa entidade e a Rede Eures.

O obxecto da xuntanza é promover un coñecemento e unha actitude positiva cara á mobilidade laboral e a procura de emprego no estranxeiro nun mercado laboral dinamizado e globalizado. Esta actividade está incluída no marco do Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre 2019/20. 

Organizan unha xornada sobre a procura de emprego no estranxeiro