Punto de encontro dos profesionais da informática e as TIC

A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" celebrarase o 30 de outubro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) traslada a celebración da "XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" para o 30 de outubro.
A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" celebrarase o 30 de outubro
O CEIPG celebrará o 30 de outubro a XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.
O CEIPG celebrará o 30 de outubro a XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

A gala dos profesionais da informática en Galicia, que tiña prevista a súa celebración no mes de xuño,  organizarase finalmente no último trimestre de do ano dada a situación actual do estado de alarma e a fase de desescalada que se vivirá nas vindeiras semanas, anuncian desde o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). En concreto, a "XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia"  terá lugar o 30 de outubro. 

O evento é un punto de encontro entre os colexiados do CPEIG (máis de 350 na actualidade) e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. Segundo sinala o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a Noite é xa unha gala consolidada onde o colexio profesional pretende amosar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC. “A finalidade é dar visibilidade á profesión de enxeñaría en informática que ten un crecente impacto na vida das persoas, na creación de riqueza, e no desenvolvemento económico do país”, explica Suárez.

Ademais, no marco desta gala entregaranse os Premios da Noite, con dez categorías nas que os colexiados  recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" celebrarase o 30 de outubro