No Centro Manuel Pérez Sequeiros.

Networking en Narón da man de AJE Ferrolterra e Concello

AJE Ferrolterra e Concello de Naron organizan o vindeiro venres unha xornada de networking para empresarios e emprendedores. 

Networking en Narón da man de AJE Ferrolterra e Concello

No seu itinerario polos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, AJE Ferrolterra organiza un novo encontro para empresarios, emprendedores, autónomos no no Centro Manuel Pérez Sequeiros de Narón, este venres 27 de outubro, desde as 9:15 horas.

Nestas xornadas participan ao redor de medio cento de empresarios que a través destas dinámicas establecen contactos con outros empresarios xerando negocio e sinerxias entre eles. É unha sesión na que pode participar calquer emprendedor ou empresario independentemente do sector ao que pertenza xa que o encontro é multisectorial.

A participación é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición ata o mércores 25 de outubro no correo [email protected] ou na 981 333 322.

Networking en Narón da man de AJE Ferrolterra e Concello