O 21 de febreiro

Medio Rural e Cimag-GandAgro orientarán aos agricultores máis mozos sobre formación e axudas

A Consellería do Medio Rural organizará na III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019 unha xornada informativa sobre formación e axudas dirixida aos agricultores máis novos.

Medio Rural e Cimag-GandAgro orientarán aos agricultores máis mozos sobre formación e axudas
Público en la pasada edición de Cimag-GandAgro.
Público na pasada edición de Cimag-GandAgro.

Unha cita que inaugurará o programa de actividades desta nova edición de Abanca Cimag-GandAgro 2019, que se desenvolverá no recinto feiral de Silleda entre o 21 e o 23 de febreiro.

Nesta xornada orientarase aos asistentes sobre a formación dispoñible para o mellor desempeño do seu traballo nas explotacións, detallando o programa e modalidade dos cursos existentes, ademais das datas e lugares de celebración dos mesmos.

Por outra banda, dende a Consellería do Medio Rural abordaranse as distintas axudas dispoñibles nestes momentos para os agricultores novos, así como a súa xustificación, ademais da financiación externa e os acordos con entidades bancarias.

Os seguros agrarios será outro dos aspectos sobre os que se incidirá nesta xornada informativa, a cal tamén abordará a fiscalidade das axudas nun relatorio no que participará o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez.

Esta xornada informativa será inaugurada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte.

Pola súa banda, será o subdirector xeral de Explotacións Agrarias, Nicasio Mejuto,  quen se encargue da clausura desta xornada, que se celebrará entre as 10.30h e as 13.30h do xoves 21 de febreiro, primeiro dos tres días da feira Abanca Cimag-GandAgro.

Medio Rural e Cimag-GandAgro orientarán aos agricultores máis mozos sobre formación e axudas