XORNADA ORGANIZADA EN COLABORACIÓN CO INEGA

Medio cento de empresas infórmanse sobre as axudas ás renovables na Cámara de Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, organizou unha xornada de traballo na que se informou pormenorizadamente acerca das distintas líñas de axuda do Inega ás fontes de enerxía renovables.

Medio cento de empresas infórmanse sobre as axudas ás renovables na Cámara de Santiago
José Carballo e Joaquín López informaron das axudas do Inega para renovables.
José Carballo e Joaquín López informaron das axudas do Inega para renovables.

O vicepresidente da Cámara de Comercio, José Carballo, inagurou a xornada á que asistiron máis de cincuenta empresas, ás que Joaquín López Pérez, xefe de área de Enerxías Renovables do Inega, aclarou as distintas dúbidas plantexadas sobre quen son os beneficiarios, as tipoloxías de enerxías renovables subvencionadas, os criterios técnicos de valoración dos proxectos e a documentación necesaria para realizar a solicitude.

O Inega abriu ata o próximo 31 de maio o prazo de presentación de solicitudes do programa para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética co que se prevé movilizar 6 millones de euros entre inversións públicas e privadas. Esta iniciativa, cun orzamento de 1,72 millóns de euros, prevé un aforro global de preto de 600.000 euros ao ano, evitándose a emisión de 2.150 toneladas de CO2 anuais. Nesta convocatoria, con subvencións de ata 300.000 euros por empresa, contemplase unha maior intensidade nos apoios ás pequenas empresas, que poderan obter ata o 55% da inversión subvencionable.

Comentarios
Medio cento de empresas infórmanse sobre as axudas ás renovables na Cámara de Santiago