O 9 de xullo, na Estrada

A II Feira dos Froitos Vermellos duplica os postos da primeira edición

O Concello da Estrada e a asocación Berries Galegas presentaron este martes o contido da II Feira dos Froitos Vermellos, que converterá á vila pontevedresa na capital dos berries galegos por segundo ano consecutivo o próximo 9 de xullo.
A II Feira dos Froitos Vermellos duplica os postos da primeira edición
Representantes do Concello da Estrada e da asociación Berries Galicia presentaron a II Feira de Froitos Vermellos.
Representantes do Concello da Estrada e da asociación Berries Galicia presentaron a II Feira dos Froitos Vermellos.

Na presentación da  II Feira dos Froitos Vermellos participaron Anxos Pais, concelleira da Área de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira; Óscar Durán, concelleiro da Área de Promoción Económica, Comercio e Emprego;  Verónica Rivas Prieto, de Biogalaica 2011, Eladio Cuíña Crespo, de Finca do Muíño de Cuíña e Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia.

“En Galicia temos moitos produtores de calidade de froitos vermellos, pero que moitas veces non se coñecen”, introduciu Óscar Durán, concelleiro da Área de Promoción Económica, Comercio e Emprego, sobre o impulso do Concello a esta feira de produtos “bos e da casa”.

A feira propón unha xornada de degustación gratuíta de froitos vermellos, de forma natural e elaborados, como marmeladas, xeados ou repostería. Esta segunda edición aumenta o número de produtores de froitos vermellos participantes de 6 a 15, aos que se suman catro empresas que elaboran produtos con esta materia prima. Ademais, de duplicar os expositores de 2021, as catro provincias galegas contarán cun produtor ou elaborador no evento deste ano.

O evento inclúe tamén un showcooking e un sorteo de cestas de produtos, entre outras actividades para o público que se achegue ata a Estrada o próximo 7 de xullo.

“Ademais, dende a Asociación Berries Galicia instalaremos un posto informativo dirixido ás persoas interesadas en cultivar os froitos vermellos”, sinalou Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia e socio de Frutas y Verduras Río Ulla S.A.T.

“Para nós, a II Feira dos Froitos Vermellos supón unha oportunidade para fomentar o produto local, quilómetro 0 e de tempada”, expresa Eladio Cuíña Crespo, de Finca do Muíño de Cuíña.

A II Feira dos Froitos Vermellos duplica os postos da primeira edición