Este 6 de maio, na CEO

O Igape ofrecerá ás pemes ourensás as claves para aproveitar os fondos Next Generation

A Confederación Empresarial de Ourense acollerá este venres 6 de maio a xornada presencial Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation’ , na que intervirá o director xeral do Igape, Fernando Guldrís.
O Igape ofrecerá ás pemes ourensás as claves para aproveitar os fondos Next Generation
Jornada sobre los Next Generation en la sede de la CEL en Lugo.
Xornada sobre os Next Generation na sede da CEO en Ourense.

Abrirá a xornada a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa, e tamén intervirá o subdirector de Proxectos Tractores do Igape, Santiago Álvarez. Ao final da xornada darase voz á experiencia práctica do conselleiro delegado de Unvi, Eloy Pérez, que narrará o proxecto empresarial acollido a estes fondos europeos na súa empresa de fabricación de autobuses emprazada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.

Neste momento clave no que nos atopamos, a obtención de fondos europeos destinados a axudar ás empresas cos seus proxectos de desenvolvemento constitúe un tema importante, por iso a finalidade da xornada é coñecer de primeira man a situación e dispoñibilidade desta inxección de recursos e a maneira de acceder a eles.

A xornada desenvolverase entre as 11 e as 12 horas, na sede da CEO na capital ourensá.

 


 

Comentarios
O Igape ofrecerá ás pemes ourensás as claves para aproveitar os fondos Next Generation