Organiza dúas xornadas os días 17 e 18 de decembro

O GALP Ría de Pontevedra asesorará aos promotores de proxectos relacionados co mar

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra organiza unha serie de xornadas de asesoramento a persoas promotoras de proxectos que aposten pola dinamización empresarial da contorna da ría. 
O GALP Ría de Pontevedra asesorará aos promotores de proxectos relacionados co mar
O GALP Ría de Pontevedra organiza xornadas de asesoramento en proxectos relacionados co mar.
O GALP Ría de Pontevedra organiza xornadas de asesoramento en proxectos relacionados co mar.

Estes talleres están abertos a particulares, entidades e asociacións interesadas en buscar financiamento para a posta en marcha de proxectos relacionados co mar e que teñan encaixe nalgún dos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) como son a creación de emprego, a atracción da mocidade e a promoción da innovación e do coñecemento na cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura; o impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental e proxectos de sensibilización; a revalorización e conservación do patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo; e o fomento da cooperación entre os axentes do territorio para contribuír ao desenvolvemento local.

Nestas xornadas achegarase información detallada destas axudas (contías máximas de financiamento, procedementos, casos de éxito), das entidades e/ou persoas que poden beneficiarse das mesmas e dos pasos a seguir para converter en realidade unha idea de negocio. A xornada centrada en proxectos relacionados co sector pesqueiro levarase a cabo no concello de Sanxenxo, concretamente na Confraría de Pescadores de Portonovo o xoves 17 de 18 a 20 horas. A Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Pontevedra), en Pontevedra, acolle outro dos talleres o venres 18 de decembro de 10 a 12 horas e nel abordaranse os proxectos relacionados co sector produtivo pesqueiro.

O aforo está limitado a 10 persoas por xornada pero tamén ofrécese a posibilidade de participar telematicamente. Os interesados en asistir poden informarse no 604 022 612 ou enviar un correo electrónico a [email protected].

Convocatoria de axudas 2021

A convocatoria de axudas para este 2021 estará aberta ata o 1 de marzo e poden presentarse a elas aqueles proxectos –produtivos e non produtivos- que promovan o desenvolvemento da contorna da Ría de Pontevedra. A dispoñibilidade orzamentaria desta convocatoria supera os 800.000 euros.

O GALP Ría de Pontevedra asesorará aos promotores de proxectos relacionados co mar