Desginada ·rexión amiga" pola UE

Galicia visibilizará cunha xornada o seu compromiso coa economía social

O próximo 5 de xuño Santiago de Compostela acollerá a xornada "O futuro da economía social" para visibilizar a importancia deste modelo e para celebrar a designación de Galicia como Rexión Amiga da Economía Social por parte da Comisión Europea. 

Galicia visibilizará cunha xornada o seu compromiso coa economía social
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistirá á presentación da
designación de Galicia como Rexión Amiga da Economía social./X.CRESPO.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, na presentación da xornada sobre economía social./X.CRESPO.

A designación de Galicia como  Rexión Amiga da Economía Social pola Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes da Comisión Europea enmárcase no proxecto ESER, que trata de tecer redes efectivas da economía e innovación social a nivel rexional e local.

Neste sentido, a designación da Xunta está avalada pola seu compromiso con este modelo a través da posta en marcha da primeira Estratexia de economía social que impulsará 25 medidas ata 2021 co obxectivo de xerar 3.000 empregos e 300 novas entidades, sumando capacidades -a través da promoción de emprendemento entre mulleres, mocidade e o rural galego e a súa difusión entre o alumnado-, sustentabilidade e identidade para darlle unha maior visibilidade. Na presentación da xornada, a secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca, tamén destacou o labor realizado a través da Rede Eusumo que, ao longo do pasado ano, asesorou un total de 112 proxectos e ofreceu 85 cursos de formación.

Asemade, Toca avanzou que, como é tradicional, xuño será o mes do cooperativismo coa celebración de diferentes actividades para a súa difusión, como o espectáculo Cooperativismo en movemento; o certame Cooperativismo no ensino; unha xornada de portas abertas ou a celebración do Día do Cooperativismo galego.

Galicia visibilizará cunha xornada o seu compromiso coa economía social