Xornada “Ordenación do Territorio e Sistemas de Cidades” do grupo Galicia 2040

Galicia debe prepararse para un novo escenario na configuración das cidades, barrios e rural

O grupo de traballo Galicia 2040 do Foro Económico de Galicia reuniu este venres en Santiago a unha decena de expertos de universidades galegas, madrileñas e portuguesas co obxectivo de analizar a planificación do territorio e o sistema de cidades.
Galicia debe prepararse para un novo escenario na configuración das cidades, barrios e rural
Asistentes á reunión do Grupo Galicia 2040.
Asistentes á reunión do Grupo Galicia 2040.

Esta semana nove localidades galegas de moi diferente tamaño (A Coruña, Vigo, Santiago, Pontevedra, Lugo, Lalín Tui, As Pontes e Paradela),  veñen de aprobar as súas axendas urbanas e rurais aliñadas coa Axenda 2030. Un compromiso de planificación estratéxica urbana e territorial sintomático do cambio de modelo que se está a producir na planificación urbanística.

De cara ao 2040, Galicia debe comenzar a prepararse para un escenario novo, no que a vivenda, a mobilidade e o traballo están a mudar radicalmente. Así o entenden no grupo de traballo Galicia 2040 do Foro Económico de Galicia, que este venres citou a unha decena de expertos da Universidade da Coruña, da Universidade de Santiago, da Universidad Politécnica de Madrid e da Universidade do Porto co obxectivo de analizar a planificación do territorio e o sistema de cidades.

A xornada “Ordenación do Territorio e Sistemas de Cidades” tivo lugar na sede do Consello Económico e Social, en Santiago. A axenda de traballo iniciouna en horario matutino o sociólogo Manuel Docampo, da Universidade de A Coruña, que analizou a estructura territorial do pais e, en especial, a división administrativa actual confrontando a necesidade de plantexar, cara o futuro novos mecanismos de xestión supramunicipais.  A ponencia, baixo o título “A organización do territorio. Sistemas de cooperación, agrupación e aproveitamento de recursos” foi comentada por Antón Baamonde.

O segundo relatorio presentouno o enxeñeiro Carlos Nardiz, tamén profesor da Universidade da Coruña, quen reflexionou sobre  “O futuro das infraestruturas. Da mobilidade branda a ocasional”. A ponencia centrouse tanto no eido territorial como no interior das cidades, nun escenario de incertezas sobre os medios de desprazamento da poboación. O comentario foi realizo por Daniel Hermosilla, do Grupo Rodiñas.

Pola tarde, a profesora María José Mantiñán, da Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa intervención nos “Novos modelos residenciais. Cidades, barrios e casas”. A xeógrafa analizou a estructura residencial nas cidades galegas e as súas diferencias co rural, asi como a resposta ao xeito de habitar trala pandemia e o continuo despoboamento de parte de territorio. Este relatorio foi comentado pola profesora Filipa Guerreiro, da Universidade doPorto.

Finalmente, o arquitecto Luciano Alfaya, coordinador da xornada, abordou o futuro da planificación urbana e territorial, centrandose na importancia da planificación estratéxica e a irrupción da Intelixencia Artificial no planeamento urbanístico. 

Galicia 2040

O grupo de traballo Galicia 2040 constitúese no seo do Foro Económico de Galicia co obxectivo de proxectar escenarios nos cinco eixos fundamentais de cambio: a dixitalización, os procesos de urbanización, a demografía, os retos medioambientais e o contexto xeoestratéxico.  O grupo está dirixido polos profesores e membros do Foro  Xosé Carlos Arias (Universidade de Vigo), María Cadaval (Universidade de Santiago de Compostela), Domingo Docampo (Universidade de Vigo) e José Francisco Armesto.

Galicia debe prepararse para un novo escenario na configuración das cidades, barrios e rural