O 6 e 7 de outubro, no Grove

O futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura debaterase no 24ª ForoAcui

O Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará os días 6 e 7 de outubro, no Grove, a súa 24ª edición asentado como espazo de referencia para comunicar e debater a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia.
O futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura debaterase no 24ª ForoAcui
El objetivo principal del proyecto es garantizar pescado nutritivo, seguro y sostenible para los consumidores del futuro.
O 24º Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrarase os días 6 e 7 de outubro.

O ForoAcui é un evento organizado pola Asociación Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, que ten como vocación analizar e promover os recursos mariños e a acuicultura a nivel mundial. Fieis á súa filosofía orixinal e co fin de achegar o mellor rendemento ás distintas conferencias e relatorios previstos, o programa deseñado reunirá persoal investigador e representantes dos sectores económicos e da administración na procura dun diálogo apegado á realidade e circunstancias da xestión dos recursos do mar e a acuicultura. O acto inaugural desenvolverase no Auditorio Municipal de O Grove, ás 10.00 horas, deste xoves 6 de outubro.

As intervencións e debates previstas, que poderán ser seguidas de xeito presencial e en liña polas persoas inscritas, están articuladas arredor de seis mesas de traballo nas que se atenderán outros tantos bloques temáticos. O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) será o tema protagonista da primeira das mesas, á que precederá a conferencia inaugural que pronunciará o director do propio CIMA, Carlos Gabín Sánchez. A continuación o debate xirará cara ao marisqueo e a pesca de baixura, da man de persoal investigador que porá o acento en cuestións relacionadas cos efectos das vagas de calor e o descenso da salinidade no marisqueo a pé ou novas aproximacións e ferramentas para o marisqueo e a acuicultura sustentables.

Nas mesas dedicadas á Acuicultura e a Empresas e Recursos daranse cita representantes do mundo da investigación e do sector empresarial como Stolt Sea Farm, Skretting, Ovapiscis e Air Liquide, para analizar novas tendencias na mellora da produción acuícola, as tecnoloxías para o emprego de gases na acuicultura industrial, o uso de pensos sostibles, o subministro de ovas embrionadas producidas en Galicia para o sector da troita en España, ou mesmo exemplos internacionais como o de Chile onde se amosará como é posible xerar iniciativas emprendedoras partindo da pesca artesanal.

Ameazas e retos da acuicultura

A xornada do venres 7 estará dedicada na súa totalidade ás ‘Ameazas e retos da acuicultura’ a través de dúas mesas de traballo nas que se abordarán cuestións como o benestar dos peixes, a sustentabilidade da acuicultura, así como a súa importancia nas dietas saudables, ou na produción de proteína mariña, entre outros aspectos.

Como evento de difusión científica, o Foro Acui acollerá a a presentación de comunicacións en formato póster e audiovisual. A entrega de premios ás mellores comunicacións audiovisuais e pósteres será o acto final antes da clausura.

O futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura debaterase no 24ª ForoAcui