Reunión anual na Toxa

O Foro Económico acorda elaborar unha guía de propostas para potenciar a industria galega

O Foro Económico de Galicia acordou na súa reunión anual da Toxa a realización dunha guía básica para reunir as principias propostas e potencialidades para fornecer a industria galega existente e atraer novos investimentos industriais.

O Foro Económico acorda elaborar unha guía de propostas para potenciar a industria galega
50 expertos en economía, empresarios e xornalistas especializados en información económica asistiron á reunión da Toxa.
50 expertos en economía, empresarios e xornalistas especializados en información económica asistiron á reunión da Toxa.

A proposta aprobouse logo dun intenso debate entre economistas e empresarios, a partir do estudo elaborado polo doctor en Economía, Albino Prada, titulado "A Industria en Galicia". O traballo de Prada subliña as fortalezas la industria galega, tanto en tamaño, como en porcentaxe do PIB, como no seu papel tractor para outro tipo de empresas. O profesor e analista indicou que, se ben Galicia ten un bo comportamento exportador cara o exterior de España (internacionalización), rexistra datos claramente mellorables en cando á venda de productos no mercado interior español.

O debate centrouse sobre se a instalación de parte da cadea de producción galega que se está a asentar no norte de Portugal é un problema de deslocalización e destrucción de emprego ou se é unha vantaxe competitiva para a Eurorrexión. Asemade, no debate quedou clara a necesidade dun alixeramento da burocracia como pulo chave para o desenvolvemento industrial en Galicia.

Dixitalización

A dixitalización da economía e da poboación foi outro dos temas analizados nos dous días de xuntanza do Foro Económico de Galicia na Toca. No debate interverion Domingo Docampo (Universidade de Vigo), Antonio del Corral (R) e María Pereira (Axencia TIC Galicia).

O documento central de discusión, presentado por Domingo Docampo, indica que tanto en níveis de acceso como de infraestructura os indicadores de dixitalización das novas tecnoloxías a partir de Internet ocupan un ránking alto no conxunto da Unión Europea. Por exemplo, no dato de acceso a internet por móbil, Galicia/España ocupan o sexto mellor lugar de Europa, só por detrás dos países nórdicos e o Reino Unido.

Infraestructuras e desenvolvemento rexional
O sistema de transporte marítimo e terrestre tamén foi obxecto de debate neste encontro de economistas. Os profesores Fernando González Laxe e Jaime Barreiro relataron o principais retos aos que se enfronta Galicia dentro do sistema europeo de transporte. Entre os principais aspectos tratados cómpre sinalar a necesidade de acometer estratexías de desenvolvemento integral nas que se integren os diferentes actores (locais, rexionais, nacionais e transnacionais). Isto debería reforzar os mecanismos de cooperación e a implicación de todos os axentes económicos. Outro aspecto sinalado na sesión, sobre o que houbo un consenso xeneralizado entre os asistentes, foi a necesidade de utilizar as conexións ferroviarias cos portos, así como reforzar a aposta pola intermodalidade.

Na sesión tamén participou a xeito de comentarista Manuel Martinez Rapela, da Confederación de Empresarios de Galicia, quen achegou cifras concretas do investimento na alta velocidade a Galicia. De seguido, abriuse un coloquio no que interviron boa parte dos asistentes no que se trataron moi variados temas que foron dende a rendibilidade económica e social das infraestruturas ata as responsabilidades políticas na toma de decisións e nos aspectos de planificación territorial.

Un tema que despertou certa polémica foi o relativo aos métodos de avaliación destas infraestruturas, sobre todo en canto ao momento que deben ser empregados: antes ou despois da súa construción. A inevitable comparación con outros territorios do Estado, e sobre todo, co corredor mediterráneo tamén foi obxecto de debate na sesión.

Intervención do director adxunto da OCDE

A xornada rematou cun relalorio de Luis de Mello, director adxunto da OCDE, quen achegou aos asistentes as principais liñas de traballo da súa institución en materia de desenvolvemento territorial e rexional. En concreto incidiu nos principais aspectos de desenvolvemento económico dunha sociedade tales como a conectividade, a aglomeración ou a fragmentación administrativa. Asemade, chamou a atención sobre aspectos non sempre coñecidos, como é o feito do grao de urbanización dunha economía como a europea que supera o 80%.

Entre os principais desafíos mencionados, o relator lembrou a necesidade de propiciar condicións para o desenvolvemento dos sectores máis dinámicos onde Galicia se atopa nunha situación relativamente favorable no seo das rexións da OCDE.
 

Comentarios
O Foro Económico acorda elaborar unha guía de propostas para potenciar a industria galega