Este 8 de marzo

A Deputación de Ourense organiza o foro “Emprendedoras, en feminino”

O foro “Emprendedoras, en feminino” é unha das actividades organizadas pola Deputación de Ourense no marco do 8 de marzo, Día da Muller, que inclúe unha homenaxe a María del Carmen Canal, conselleira delegada de Aceites Abril, e unha mesa redonda con emprendedoras no rural.
A Deputación de Ourense organiza o foro “Emprendedoras, en feminino”
Presentación do comic "Mulleres en acción". Obra coordinada por Elena Ribo e acompañada de Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) e José Antonio Vázquez (Presidente de CESAGAL)../ALBERTE PAZ.
Presentación do comic "Mulleres en acción", obra coordinada pola profesora Elena Riva, acompañada na imaxe por José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal, e Manuel Baltar, presidente da Deputación Ourense./ALBERTE PAZ.
A xornada “Emprendedoras, en feminino” celebrarase este martes, 8 de marzo, a partir das 17.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. “Pretende poñer en valor ás mulleres ourensás que decidiron emprender e axudar, a todas as que pensan facelo. Para o emprendemento feminino e moi importante visibilizar ás emprendedoras, con traxectoria destacada neste eido”, avanza Luz Doporto, deputada de Igualdade, que sinala o seu “orgullo por formar parte desta iniciativa da Deputación de Ourense, visibilizando e poñendo en valor o emprendemento en feminino”.  Doporto, sinala a importancia do traballo das administracións públicas para avanzar na igualdade: “É clave, máis aínda nun día tan importante como o 8 de marzo. Debemos reivindicar a igualdade en todos os ámbitos e visibilizar ás mulleres que romperon teitos de cristal e que poidan ser exemplo”. 

A propia Luz Doporto abrirá o foro no Marcos Valcárcel. Despois da proxección do vídeo “Emprendedoras de Ourense”, a profesora de Organización de Empresas da UNED, Marta Solórzano, impartirá unha conferencia sobre a “empresa social no ámbito rural: mecanismos de innovación para mellorar a vida das persoas ante o reto demográfico”. 

Avanza a deputada que, nesta edición, será homenaxeada María del Carmen Canal, fundadora e conselleira delegada de Aceites Abril. “Unha verdadeira pioneira neste eido”. Doporto moderará ás 18,30 horas do martes unha mesa redonda na que estará Canal, a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa, e outras catro mulleres emprendedoras no rural: Inés Rodríguez, fundadora de Rir&Co, en Allariz; Araceli Macías, fundadora da Cooperativa Outonía, en A Veiga; Ana Álvarez, de Fabricación Cosmética Natural, en Sarreaus, e Leticia Rodríguez, arquitecta de RDL Estudio, en Ribadavia. 

As 19,00 horas, María García Trincado, responsable da Área de emprendimiento na Fundación E.U. de Relacións Laborais de A Coruña, protagonizará a conferencia de clausura das xornadas. Trincado é unha conferenciante, “neuro-coach” executiva e adestradora de profesionais e equipos en alto rendemento. Pechará o acto o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, despois da entrega dun recoñecemento pola súa traxectoria profesional a María del Carmen Canal. 

A deputada de Igualdade aposta pola continuidade do encontro “Emprendedoras, en feminino”: “Estas xornadas queren ser un evento de referencia, que homenaxee cada ano ás mulleres cun papel destacada, como xa fixemos en outras ocasións coas mulleres pioneiras”.
 

Comentarios
A Deputación de Ourense organiza o foro “Emprendedoras, en feminino”