O 27 de outubro

Unha charla presentará as oportunidades do Biopolo Sionlla

O Ateneo de Santiago acolle este xoves, 27 de outubro, a charla titulada “Sionlla Biotech. Que oportunidades se presentan na área de Santiago?”, na que se darán a coñecer as características deste proxecto industrial estratéxico, froito da colaboración público-privada da Asociación Área Empresarial do Tambre, Xunta de Galicia, Concello de Santiago, USC e Cámara de Comercio de Santiago.

Unha charla presentará as oportunidades do Biopolo Sionlla
Charla “Sionlla Biotech. Que oportunidades se presentan na área de Santiago?”.
Charla “Sionlla Biotech. Que oportunidades se presentan na área de Santiago?”.

A conferencia, que dará comezo ás 19 horas, estará conducida por Álvaro Silva, director de Produción e Proxectos en Oxidine Water Technology, e nela participarán o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés; a presidenta do Clúster Bioga, Carme Pampín; e a conselleira delegada de UNINOVA, Carme Casado.

O proxecto Biopolo Sionlla, impulsado pola Asociación Área Empresarial do Tambre en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago (USC) e a Cámara de Comercio de Santiago, é un proxecto industrial estratéxico para Santiago e Galicia, iniciado hai máis de seis anos froito da colaboración público-privada. Componse de dous espazos: o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB), xa coa obra en marcha que previsiblemente se inaugurará en xaneiro de 2023, e unha zona de desenvolvemento produtivo, con naves para a actividade empresarial.

Os relatores convidados polo Ateneo axudarán a albiscar que suporá no medio e longo prazo a posta en funcionamento desta gran iniciativa. O vindeiro 10 de novembro celebrarase na Asociación Área Empresarial do Tambre unha nova xornada comercial con empresas onde se lles explicará detalles técnicos do proxecto.

Unha charla presentará as oportunidades do Biopolo Sionlla