Nun seminario este venres 27

A CEG informará sobre as obrigas fiscais das empresas galegas que operan en Portugal

O vindeiro día 27 de outubro a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) acollerá na súa sede o Seminario "Tributación de traballadores e empresarios españois con actividade en Portugal".

A CEG informará sobre as obrigas fiscais das empresas galegas que operan en Portugal

O obxectivo desta xornada será dar a coñecer as obrigas fiscais tanto en España como en Portugal para as empresas de Galicia cando operan ao outro lado da fronteira, analizando as diferentes posibilidades, ben sexa a través de meras prestacións de servizos transfronteirizos, ben coa creación de establecementos permanentes, filiais ou sucursais e coas particularidades que para os traballadores ten segundo se trate de fronteirizos, desprazados ou expatriados.

Serán ponentes deste seminario dous avogados especialistas en fiscalidade internacional, Hugo Pérez Conde e Miguel Primaz, ambos asociados senior do Departamento Fiscal de Garrigue, nas súas oficinas de Vigo e Porto, respectivamente.

A participación é gratuíta en virtude do cofinanciamento que a Comisión Europea aporta á rede EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia e a que achegta a propia CEG, como socia de dita rede. Os asistentes deben inscribirse no correo electrónico [email protected] antes do día 26 de outubro.

A CEG informará sobre as obrigas fiscais das empresas galegas que operan en Portugal