O Clúster Audiovisual promove unha misión ao festival escoces

Catro producións galegas, finalistas dos galardóns do Celtic Media Festival

O Clúster Audiovisual Galego, xunto ás produtoras CTV, Ficción Producciones e Tamboura e a Televisión de Galicia, participan ata este xoves 6 de xuño no a 40 edición do Celtic Media Festival, que se celebra ata o día 6 na localidade escocesa de Aviemore.

Catro producións galegas, finalistas dos galardóns do Celtic Media Festival
Delegación galega no Celtic Media Festival: Xiana Albor, de Tamboura
Alberto Domínguez, de CTV
Mamen Casal, de Ficción Producciones
Alejandro Peteiro, do Clúster Audiovisual Galego
Fernando R. Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG.
Delegación galega no Celtic Media Festival: Xiana Albor, de Tamboura Alberto Domínguez, de CTV Mamen Casal, de Ficción Producciones Alejandro Peteiro, do Clúster Audiovisual Galego Fernando R. Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG.

O Celtic Media Festival promove a cultura e linguas dos países celtas en cine, televisión, radio e novos medios de comunicación,e catro producións galegas son finalistas aos seus galardóns anuais.

A misión directa do Clúster Audiovisual Galego enmárcase dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios e conta co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Xunta de Galicia e da Unión Europea.

As candidaturas galegas compiten neste festival con televisións da talla da BBC de Escocia e Gales, da FR3 de Bretaña e da RTE de Irlanda. En representación dos medios públicos galegos, a xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, e a xefa de Programas da Radio Galega, Tania F. Lombao, participarán tamén en distintas charlas e encontros con representantes doutros medios europeos.

En canto ás producións, a docuficción “Caso Diana Quer: 500 días”, producida pola socia do Clúster Agallas Films para a TVG, foi finalista na categoría Sucesos de actualidade (“Current affairs”) xunto con outras propostas da Bretaña francesa, Escocia, Gales e Irlanda. Este xoves,coñeceranse os restantes galardóns e os apartados en que son candidatos o “Diario Cultural” da Radio Galega (na categoría “Radio music programme”), o programa de entretemento “Historias mínimas” da socia Tamboura para a TVG (na sección “Factual Series”) e o thriller “A sombra da lei” de Dani de la Torre participado pola Galega (no apartado “Single Drama”).

Nesta edición do Celtic Media Festival compiten producións repartidas entre un total de 22 categorías, que abranguen o mundo do cinema, do deporte, dos medios, da tecnoloxía, da actualidade, do entretemento e da arte.

Catro producións galegas, finalistas dos galardóns do Celtic Media Festival