O 31 de outubro

A Cámara de Santiago organiza unha xornada sobre as posibilidades do márketing online

“Como atraer visitantes ao meu sitio web?” é o título da xornada gratuíta sobre márketing online que organiza a Cámara de Comercio de Santiago o vindeiro 31 de outubro, co obxecto de dar a coñecer a pemes e autónomos distintas posibilidades de desenvolvemento empresarial a través de internet.

A Cámara de Santiago organiza unha xornada sobre as posibilidades do márketing online
Elena Díaz e Cristina Varela, consultoras de Invbit.
Elena Díaz e Cristina Varela, consultoras de Invbit.

A xornada, que forma parte das actividades do programa TICCámaras, está organizada en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Celebrarase entre as 12:00 e as 13:15 horas no salón de actos da entidade cameral compostelana.

A xornada contará cunha introdución do xestor de Innovación da Cámara, Anselmo Díaz, que fará unha presentación de TICCámaras, un programa de axudas para pemes e autónomos que aporta solucións para mellorar a competitividade das empresas a través da incorporación de novas tecnoloxías. As empresas poderán incorcorar novas tecnoloxías mediante a implantación dun plan de desenvolvemento tecnolóxico, subvencionado ata un 80% polo FEDER para investimentos dun máximo de 7.000 euros, e o 20% adicional estará financiado pola Cámara de Comercio e as propias empresas beneficiarias.

A conferencia central da xornada estará impartida polas consultoras da empresa Invbit de deseño e desenvolvemento de software, Elena Díaz e Cristina Varela. Na súa exposición, as expertas farán unha introdución ao conxunto de accións que as empresas poden facer en internet para darse a coñecer, xerar clientes potenciais e mesmo vendas online. Comentarán os pasos a dar desde a análise inicial do proxecto á creación dunha web adaptada ás necesidades da marca e as diversas promocións coas que se poden alcanzar aos usuarios.

“Estamos nunha era cada vez máis dixital, e isto nótase no proceso de busca de información previo á compra ou contratación dun produto ou servizo. Se precisamos un fontaneiro ou un carpinteiro buscaremos cales están más preto e as súas tarifas, ou se estamos viaxando e queremos pasar a noite nun hotel seguramente nos declinemos polo que teña mellores fotos subidas e opinións. Toda empresa que o consumidor poida buscar en internet ten posibilidades para desenvolver o seu negocio neste medio", sinala Elena Díaz.

As expertan manifestan que a clave para ter éxito na contorna online está en ter claro cales son os obxectivos que se perseguen e facer unha boa integración de todas as ferramentan que poidan axudar a logralos. Explican que unha páxina actualizada cun deseño web acorde, unha imaxe corporativa coidade e un bo posicionamento online son factores esenciais para calquera negocio. Ademais, aseguran que é recomendable ter perfil en redes sociais, pero non en todas senón nas máis afíns ao público obxetivo, xa que “é pouco probable que se busque unha cafetería en LinkedIn, así como que se busque una asesoría financiera en Snapchat”.

Por otra parte, analizarán tamén a eficacia das campañas publicitarias en Adwords e en redes sociais.  As consultoras indican que estas campañas soen dar bos resultados en pouco tempo e ofrecen variedade de posibilidades de e y de formatos de anuncio en función dos objetivos desexados “Pode estar orientada á conversión e venda ou a crear unha comunidade online de seguidores e darse a coñecer” –explica Díaz–.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web da Cámara.

A Cámara de Santiago organiza unha xornada sobre as posibilidades do márketing online